sábado, 24 de mayo de 2014

Crean un material que repele o auga

En Estados Unidos, no campus da Universidade Brigham Young, Utah, unha enxeñeira mecánica chamada Julie Crockett lidera un estudio no que se analiza como o auga rebota e deslizase frente a unha superficie. Isto debese a que o seu equipo creou un material superhidrófobo.

Pero, que é un material hidrofóbo? Tratase dunha capa nanométrica composta polo menos por un 95% de aire. As gotas dos líquidos que normalmente se impregnan na nosa pel ao tocarnos, prácticamente non están en contaco con esta superficie, polo que retroceden.
A superficie repele a meirande parte de líquidos, coma auga, café, gasolina, parte de alcoholes, salsa de soja e mesmo acido sulfúrico entre outros.

Inda que este material superhidrofóbo non é o primeiro, existen unha gran cantidade de materiais destas características que teñen infinidade de aplicacións. Alguns, mesmo se empregaron coma productos comerciales.
Pero o equipo de Crocket afirma que este, é moito mais eficaz contra a auga.

 "A nosa investigación está dirixida a crear a superficie superhidrofóbica ideal”
Di a investigadora Julie Crockett

 
Inda que a investigación realmente está orientada a intentar xerar enerxía dunha forma mais limpia e eficiente.
As centrais eléctricas que funcionan facendo xirar unha turbina mediante a queima de carbón ou gas natural para crear vapor que se expanda, teñen un problema en común: o vapor necesita volver a condensarse en estado líquido, é dicir, auga, para reciclarlo correctamente.
Os resultados do estudo indican que as superficies cun patrón de cretas ou postes microscópicos, xunto cun recubrimento hidrófobo producen maior resistencia a auga.
Gracias a esto, se os condensadores das centrais électricas puideran ser construidos con este material, o proceso de reciclado se produciría dunha forma moito mais rápida, aforrando tempo e reducindo os costes de xerar electricidade.


  
  • Fontes de información: 
 
 
SERGIO DAVID BERMEJO COFÁN
1ºBACH D
 

Descobren que un meteorito impacto en Marte hai dous anos

Orbitador de Recoñecemento de Marte (ORM) da NASA captou o cráter máis recente e grande do planeta vermello.
O cráter mide a metade dun campo de fútbol e apareceu por primeira vez en marzo de 2012. Probablemente se creou pola explosión no ceo marciano dun asteroide, causada pola intensa fricción entre este e a atmosfera do planeta.
O científico Bruce Cantor foi quen se decatou dun punto escuro preto do ecuador de Marte. "Non" era "o que estaba a buscar ", di. "Eu estaba a facer a miña monitorización do clima habitual e algo me chamou a atención"
As imaxes revelaron que a mancha escura estaba presente hai un ano, pero non hai cinco anos. Descubriu que aparecera entre o 27 e o 28 de marzo de 2012.
NASA está desenvolvendo sistemas para desviar un asteroide próximo á Terra -posiblemente do tamaño da rocha que golpeou a Marte-. O proxecto consiste en capturar un anaco do asteroride para reorientar a súa órbita.




Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140523/abci-impacto-meteorito-deja-marte-201405231102.html

Antia Rodríguez 1ºBach A

Un nano-chip contra o cancro en etapas precoces


O proxecto, denominado Spedoc (Surface Plasmon Early Detectionof Circulating Heat Shock Proteins and Tumor Cells)  levado a cabo por un equipo internacional de investigadores dirixidos polo Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO) de Castelldefels (Barcelona) desenvolveu un nano-chip, equipado con nano-partículas de ouro, capaz de diagnosticar un cancro en etapas precoces, cando a enfermidade soamente afectou a poucas células, o que facilita o diagnóstico e tratamento. 
O seu uso basease en detectar   concentracións moi baixas de marcadores que se atopan en  proteínas de cancro no sangue utilizando os últimos avances en plasmónica, microfluídos, nano-fabricación e química de superficies. 

O dispositivo "lab-on-a-chip " alberga varios sensores distribuídos nunha rede de micro-canles de fluídos.

Cando se inxecta unha gota de sangue no chip, o sangue circula a través dos micro-canles e se os marcadores de cancro están presentes nesta, ao pasar polos micro-canles, estes adhírense ás nanopartículas, provocando cambios no que se coñece como a "resonancia plasmónica".

O dispositivo analiza estes cambios proporcionando unha avaliación directa do risco para o paciente de desenvolver un cancro.


Segundo Romain Quidant cordinador do proxecto, o nano-dispositivo ten un gran potencial como ferramenta para tratamentos de futuros enfermos de cancro, non só pola súa fiabilidade, sensibilidade e baixo custo, senón tamén pola súa doada portabilidade, que permite levalo a lugares remotos con dificultades de acceso en hospitais e clínicas médicas.



http://www.publico.es/521743/crean-un-nano-chip-capaz-de-detectar-el-cancer-en-etapas-precoces

PATRICIA MOREIRAS ARIAS 1º BACH D Nº13