jueves, 20 de marzo de 2014

Desvelan a acción dun novo xene da obesidade

Os estudos que indagan nas bases xenéticas da obesidade sinalaron a un xen, chamado FTO, como un dos grandes responsables xenéticos desta enfermidade. Xa se identificaron ata 75 lugares do xenoma implicados no aumento da masa corporal, pero un simple cambio de só un dos ladrillos básicos que compoñen o FTO considérase unha das mutacións máis relacionadas coa obesidade.

Agora, unha colaboración internacional formada por universidades de Estados Unidos, Canadá e España chegou á conclusión de que hai outro xen 'culpable' verdadeiramente da obesidade.

Dito de xeito técnico, descubriron que certas mutacións do FTO ligadas á obesidade realmente non activan a expresión deste xen, senón a doutro situado a mil unidades de distancia, o IRX3.

"Os nosos datos suxiren que IRX3 controla a masa corporal e regula a composición do corpo", declara un dos autores do estudo; e engade: "Calquera asociación entre FTO e a obesidade é froito da influencia do IRX3".

Este traballo multidisciplinar, tamén revela que os ratos con carencias neste xen son máis delgados, cunha redución do 25% ao 30% no peso corporal. En total, corroboraron que esta interacción acontece en humanos, ratos e peixes cebra, o que suxire que este mecanismo se conservou evolutivamente no xenoma.




Un dos experimentos para confirmar o papel de IRX3 na obesidade consistíu en alimentar cunha dieta alta en graxas ratos sen IRX3; estes mantiñan o seu peso e os niveis lipídicos, mentres que os ratos normais sometidos a esa mesma dieta engordaban ata duplicar a súa masa. "Ademais, tiñan mellor capacidade para captar a glicosa e estaban máis protexidos fronte a diabete"


Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH.-A



A pita do inferno

- "É unha desas cousas que xamais desearías encontrar nunha rúa escura".

A escenificación tan gráfica do novo dinosaurio "que acaba de saír do ovo" na revista PLoS ONE fai pensar que, nalgún momento do seu estudo, se lle debeu aparecer nun pesadelo ó investigador principal do equipo que o describiu, Matt Lamanna (Carnegie Museum of Natural History, Pittsburgh). De feito, deulle como nome científico o de unha divinidade demoníaca plumífera, Anzu (o paxaro da tormenta), protagonista do roubo das Tablas do destino na mitoloxía sumeria y acadia. E coloquialmente refírese a el como "chicken from hell".

Anzu, con nome de paxaro ladrón mesopotámico, é un oviraptorosaurio, o grupo de dinosaurios ó que o destino lle xogou una mala pasada. A súa denominación deriva dun dinosaurio asiático terópodo (carnívoro) que se encontrou encima dun niño de ovos e ó que se condenou en 1924, en xuízo sumarísimo e sen posibilidade de defensa, a levar o nome de Oviraptor, é dicir, "ladrón de ovos", tras supoñer que morreu mentras os estaba rapiñando. Cando moitas décadas despois comprobouse que dentro de ovos como os do niño posiblemente saqueado había "oviraptoriños" fosilizados comprenseuse que quen estaba encima, lonxe de pretender devoralos, morreu cando estaba protexendo a súa posta. Esta é a historia do nome aparentemente máis inxusto da historia dos dinosaurios.

Non sabemos se os propietarios dos tres esqueletos que permitiron caracterizar agora ó oviraptorosaurio máis grande ata o momento encontrado en Norteamérica estarían a favor do nome que lle caeu en sorte, pois seguen sen librarse do estigma do roubo. O que sabemos é que, entre os tres exemplares, deuse reconstruído casi por completo a apariencia destes animais que viviron fai 66 millóns de anos no que hoxe son Dakota do Norte e Dakota do Sur. O seu aspecto sería o de unha "superpita" de entre 200 e 300 kg de masa corporal, 1,5 m de altura ó nivel das súas cadeiras e uns 3,5 m de lonxitude, tendo en conta que boa parte da mesma correspondería a unha cola da que carecen as nosas aves de corral. Outra diferenza notable radica na configuración das súas extremidades anteriores, cunhas garras que ben fácilmente poderíannos sacar un ollo naquela rúa imaxinaria.

 

O maior xenoma xamais secuenciado

Parece ser que hai dispendio de material de ADN, como por exemplo no do piñeiro taeda, que consta de 22.180 millóns de bases (adenina,guanina, timina e citosita), sete veces os 3.200 millóns do xenoma do ser máis complexo que se coñece: o humano. Foi publicado en Genome Biology.
O piñeiro taeda é unha especie cun madeiro longo e recto, que fai que se aproveite a súa madeira. Por iso hai abundantes plantacións en todo EUA.



A explicación pola que o seu xenoma ten semellante tamaño é que o 80% dos seus segmentos están repetidos, iguais. A natureza pode xustificar este fenómeno, xa que a máis copias do xene máis doado que se active e máis doado de conservar, pero tanta repetición parece excesiva. Nos humanos isto sucédenos só nun 25% do xenoma.

Elixiuse a esta árbore pola súa grande utilidade, pero o tamaño do seu ADN complicou bastante o proceso. O que se adoita facer é romper en anacos ao azar e secuenciar os por separado que logo se ensamblan. Neste houbo que sacar uns moldes previos clonando segmentos para poder axustar as pezas.

Entre os xenes que se identificaron, hai algúns comúns a outras plantas, como os da formación da madeira. O resto quedan en investigación e ver se lle pasa como ao humano que cría que había xenoma lixo. Queda por confirmar se tanta repetición no piñeiro serve para algo ou é un defecto asumible que non lastra o funcionamento do resto.


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

Fontes de información:
 http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/20/actualidad/1395334305_304529.html