domingo, 1 de junio de 2014

Cans cazadores de mamuts

Segundo os investigadores, os europeos primitivos servíronse dos primeiros cans domesticados para cazar grandes animais de forma masiva.
A imaxe mostra un can cun oso dun mamut de hai 27.000 anos na boca 

No centro e mais ao este de Eurasia atópanse espectaculares xacementos arqueolóxicos dun gran número de mamuts de entre 45,000 e 15,000 anos de antigüidade, os investigadores cren que semellante matanza non puido ser produto dun violento episodio natural, din que o máis probable é que foran os cazadores da época, pero nesta conclusión falta algo, os cazadores non contaban con armas capaces de matar tantos animais e tan grandes, logo, quen os axudou? Os científicos da Penn State University cren que foron os primeiros cans domesticados.
Os seres humanos da época idearon unha novedosa técnica de caza de animais deste tamaño, o plan consistía en que os cans axudaban aos cazadores a atopalos mais rápido e rodeábanos para que non puideran fuxir. Por outra parte tamén protexían aos homes doutros carnívoros.
Cerca dos xacementos tamén se atoparon outros depredadores identificados como lobos e mais raposos, pero estes, seguian dietas diferentes á dos cans, o que indica que estes últimos eran alimentados polos homes.
Os primeiros cans domesticados non son os precursores dos nosos cans, xa que no seu ADN conteñen unha firma xenética distinta á de calquera outro cánido.

As investigacións continuarán e se hai mais destes cánidos en grandes xacementos, acompañados dun gran número de mamuts e lobos, con dieta distinta á dos demais depredadores, poderemos afirmar que os cans son o mellor amigo do home.


Pilar Veloso Trigo, 1ºBach C 

No hay comentarios: