jueves, 22 de mayo de 2014

Unha fantástica choiva de estrelas cairá este sábado por primeira vez

A madrugada do próximo sábado 24 de maio, algo novo cairá do ceo. Trátase dunha choiva de meteoros nunca vista, chamada Camelopardalis pola constelación de onde procede (a Xirafa), que podería deixarnos centos de fogonazos á hora no ceo. Moitos deles serán grandes e brilantes, posiblemente máis ca Venus, como uns breves fogos artificiais de orixe natural. O responsable deste regalo é o cometa 209P/LINEAR, que pasa cerca da Terra este mes e deixa seu rastro de escombros. Ainda que a roca foi perdendo material polo camiño é improbable que ocorra, os astrónomos non descartan que se produza o que se chama unha "tormenta de estrelas", cando máis de mil iluminan a noite cada hora.
O sistema Slooh de telescopios terrestres conectados a internet retransmitirá en vivo o fenómeno e o paso o cometa mentras se achega a nós na súa órbita, dende o Instituto de Astrofísica de Canarias, a partir da medianoite do venres (hora peninsular española). A cobertura en vivo da nova choiva de meteoros producirase dende as 5.00 horas. Os espectadores poden ver a retransmisión gratis e facer preguntas utilizando o hashtag #Slooh en Twitter .
Descuberto en 2004, o cometa 209P/Linear encontrarase a aproximadamente 12,4 millones de km (cerca de 32 distancias lunares) na madrugada do sábado. Cando foi visto por primeira vez, os astrónomos crían que solo nos deixaría un puñado de meteoros. Anos despois, déronse conta de que o evento podería ser moito maior, xa que a Terra atoparíase cos rastros de po expulsados por este cometa entre os séculosg XIX e XX, o que podería provocar a famosa e desexada tormenta de meteoros.
As últimas prediccións son máis modestas, entre 400 e 200, pero que segue sendo un número fantástico se se ten en conta que a choiva das Perseidas de agosto soe deixar pouco máis dun centenar. A tormenta tampouco está completamente descartada. A máis impresionante do pasado século ocorreu o 18 de novembro de 2001, cando poideron verse seis brillantes estrelas fugaces verdes cada minuto, que deixaron largos e persistentes sendeiros na negra noite.
Ocorra o que ocorra, o fenómeno vai desenrrolarse durante un período de dúas ou tres horas. De todos os lugares do mundo, Estados Unidos e o sur de Canadá serán os mellores posicionados para a observación. En España, o máximo da choiuva producirase de día, entre as 9 e as 10 da mañá, pero ainda que así podremos disfrutar dela as horas anteriores da madrugada. 


Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140520/abci-fantastica-lluvia-meteoros-puede-201405191850.html


Martín González Fernández 1ºbach A

No hay comentarios: