sábado, 17 de mayo de 2014

OS PRIMEIROS AMERICANOS

Máis de 12000 anos de antigüedade teñen os restos humáns que se atoparon nuns cenotes (covas inundadas) na península de Yucatán(México). Nun primeiro momento, un experto buzo do National Geographic, cando estaba explorando unha estreita galería, encontrouse cunha cámara escura que naquel momento non poideron explorar por falta de luz.

Dous meses máis tarde, voltaron ó lugar con equipos preparados e entraron na cámara que tiña forma de campá. Cando estaban explorando viron un cráneo humán nunha pequeña repisa en perfecto estado, ademais de varios restos arqueolóxicos. Tras anos de traballo dun equipo de profesionais como arqueólogos, antropólogos, xenetistas, xeólogos….chegaron á conclusión de que aquel cráneo e os ósos do mesmo esqueleto que había ó seu arredor pertencían a unha xoven de 15 ou 16 anos que morreu naquel cenote entre 12.000 e 13.000 anos antes.





O análise do ADN de Naia (é así como a chamaron) indica que é similar os dos nativos americanos actuais o que consiste nunha das probas máis convincentes ata a data do nexo entre os paleoamericanos, os primeiros habitantes de América despois da ultima idade de xeo, e os nativos americanos.
Esto indícanos que as diferenzas entre ambos grupos son o resultado da evolución in situ máis que a consecuencia de emigracións separada desde distintos lugares do vello mundo.




                            Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D

No hay comentarios: