domingo, 4 de mayo de 2014

Obtención de células cerebrais a partir de células nai dentais


O achado de que as células nai extraídas dos dentes poden desenvolverse e dar lugar a células que presentan apariencias moi similares ás de células cerebrais suxire que poderían ser utilizadas algún día no cerebro como terapia para os danos causados por derrames cerebrais.

Constatouse que a partir desas células nai é posible obter outras similares a neuronas e que ademais forman redes complexas mediante interconexións entre elas. Estas células aínda non son neuronas perfectas, os investigadores cren que é só cuestión de tempo e de condicións axeitadas que iso se produza.
As opcións de tratamento dispoñibles para as persoas que sofren os efectos dos derrames cerebrais son limitadas. O principal tratamento farmacolóxico dispoñible debe ser administrado nas primeiras horas tras o infarto cerebral, e os pacientes non sempre o reciben a tempo. Por outra parte, algúns danos son difíciles ou imposibles de reparar só mediante medicamentos.
Poder utilizar as propias células nai do paciente para unha terapia cerebral adaptada á persoa e ao seu caso particular presenta moitas vantaxes, incluíndo a de que non se xeran os problemas de rexeitamento. Outra vantaxe é que podería proporcionar unha opción de tratamento factible meses ou mesmo anos despois de que aconteza o derrame.

A obtención de células cerebrais a partir da polpa dental conséguese proporcionando un ámbito para as células que sexa o máis parecido posible ao do cerebro normal, de maneira que en vez de converterse en células dentais se convirtan en células cerebrais.

A la izquierda, una de las células similares a neuronas normales. A la derecha, estas células parecidas a las cerebrales son capaces de formar redes complejas entre ellas, como se aprecia en la imagen.




Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH. A

No hay comentarios: