martes, 20 de mayo de 2014

O Universo que xamais veremos

En ocasións preguntámonos se é posible ver todo o Universo, ainda que os científicos relativistas e os astrónomos postularon que é imposible. Xamais veremos todo o Universo e a medida que pasa o tempo, menos posibilidades hai de velo.
O Universo expándese continuamente e as galaxias aléxanse as unhas das outras, cada vez a maior velocidade. Iso está motivado polo estiramento do espacio que existe entre elas. En realidade, as galaxias non se desplazan polo Universo, non se moven, son estáticas. Cando decimos que unha galaxia distánciase de nós a "x" velocidade, o que estamos dicindo,é que o espazo entre nós e ela, estase abrindo, estirando, a esa velocidade.
Pinte uns puntos sobre a superficie dun globo deshinchado. Os puntos son as galaxias e o globo en sí é o espazo. Cando o hinche, comprobará que calquera punto sepárase do resto de puntos, ainda que estos non se moven. O que ocorre é que o globo estírase e aumenta a distancia entre os puntos. Pode observar que dous puntos próximos aleíxanse a unha velocidade determinada e un punto que esté ao doble de distancia do punto de referencia, separarase o doble de rápido. Esto é o que ocorre coas galaxias, co Universo en sí.
Os últimos cálculos sobre o tamaño do Universo, dá unha estimación de 93.000 millóns de anos luz e os últimos cálculos do número de galaxias é de 125.000 millóns, cun tempo estimado da formación do propio Universo duns 13.700 millóns de anos, según as observacións que puido facer o Telescopio Espacial Hubble sobre as galaxias máis afastadas e o satélite WMAP, cuxos estudios centráronse no orixe e evolución do Universo observando a radiación de fondo de microondas, que é o eco do principio do Universo.

 El Universo que jamás veremos

Pero, algo non concorda. ¿Cómo pode ter o Universo 13.700 millones de anos e ademais unha ltura de 93.000 millóns de anos luz? Esto significa que o Universo creceu máis rápidamente ca velocidade da luz. Pero nada pode ir máis rápido ca luz, segundo a teoría da relatividade espacial de Einstein e así  quedou demostrado. Acelerar un obxecto (materia) á velocidade da luz, require unha enerxía infinita (e non existe unha enerxía infinita), se o aceleramos a maior velocidade ca luz, necesitaremos unha enerxía superior á infinita, o cal é irracional. A velocidade da luz é constante, non se lle pode sumar nin restar velocidade. A materia non pode viaxar á velocidade da luz, so as partículas sen masa.
Imaxinemos dúas partículas sen masa que viaxaran polo espazo á velocidade da luz cada unha delas e chocaran, poderíamos pensar que colisionaron ao doble da velocidade dea luz, xa que a lóxica nos indica que deberíamos sumar ambas velocidades, pero o resultado é moi diferente, en realidad o encontro prodúcese a unha velocidade algo inferior á velocidade da luz, á luz non se lle pode sumar ningunha velocidade.
Se estamos nun tren en movimento e nos levantamos para ir ó vagón da cafetería que está diante do noso vagón, haberá que sumar a velocidade do tren mási a nosa cando andamos polo pasillo do mesmo, ó restarlla se vamos na dirección oposta á dirección do tren. Este feito, non se pode aplicar á luz, a teoría da relatividade especial impídeo.


Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140520/abci-universo-jamas-veremos-201405201059.html

Martín González Fernández 1ºbach A

No hay comentarios: