jueves, 22 de mayo de 2014

Microchips inalámbricos para uso terapéutico

O uso da electrónica para a curación de enfermidades é o futuro da medicina. Desde fai anos, os laboratorios traballan no desarrollo destes dispositivos, que xa se usan en pacientes e conseguen resultados positivos. O problema é o seu suministro de enerxía, pois adoitan levar baterías que se deben sustituir periodicamente. Agora, un estudo publicado pola Universidade de Stanford  propón outra alternativa. 

O equipo liderado polo investigador John Ho conseguiu crear un dispositivo, do tamaño dun gran de arroz, que é alimentado mediante un sistema de ondas magnéticas con outro corpo. Para recargalo, simplemente hai que colocar o segundo dispositivo (Semellante a unha tarxeta de crédito) sobre a pel do paciente. 

O microchip á dereita, comparado con pastillas.

Segundo explica John Ho, teñen un prototipo desta técnica, pero só foi probado en animais, concretamente un porco e un coello, pero están preparando os experimentos con humanos. "Esperamos iniciar os ensaios en dous ou tres anos, e rematalos en 10", afirma John. 

Desde o seu equipo aseguran que a alimentación por ondas é totalmente segura: "Teñen a potencia de ondas dun teléfono móbil, e estas non supoñen ningún risco para o ser humano. Ademáis, podemos reducir a potencia das ondas aínda máis, mellorando o diseño da placa metálica". 

Toda comunidade científica está esperando os resultados, que nunha primeira vista parecen prometedores. Segundo afirma Julián Villacastín, director do Instituto Cardiovascular do Hospital San Carlos, "Trátase dun traballo moi sólido, pero aínda preliminar", e continúa: "Sería moi interesante poder transmitir enerxía sen cambiar o dispositivo". Os científicos do estudo están pendentes de recibir a confirmación para poder empezar os experimentos con humanos.

Débese seguir o principio de precaución antes de experimentar con humanos?


Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/19/537a1c8ae2704e6e148b4577.html

David Boó - 1ºA Bach.

No hay comentarios: