sábado, 17 de mayo de 2014

Descubrimento dun novo dinosaurio en Arxentina

Científicos en Arxentina anunciaron o descubrimento dos restos fosilizados dun membro dos famosos dinosauros coñecidos como saurópodos, o dinosauro, bautizado como "Leinkupal laticauda", podería ser o membro máis pequeno deste grupo , aos que pertence o coñecido diplodocus.
Os saurópodos eran recoñecibles polos seus longos colos e colas, así como polo enorme tamaño dos seus corpos e patas. Os últimos saurópodos viviron ata o final da era dos dinosauros, hai uns 65 millóns de anos.

Leinkupal laticauda viviu aproximadamente hai 140 millóns de anos, segundo o paleontólogo arxentino Pablo Gallina, un dos investigadores. Polo que  existiu millóns de anos despois do momento que os científicos determinaran previamente como a desaparición dos diplodócidos.

"Descubrir o Leinkupal foi incriblemente emocionante, porque nunca pensamos que fose posible. Un diplodócidos en Sudamérica é tan estraño como encontrar un tiranosauro rex na Patagonia, trátase ademais do primeiro deles descuberto en Sudamérica", agregou outro dos científicos, o paleontólogo arxentino Sebastián Apesteguía

Leinkupal foi definido  como "un tipo moi pequeno nunha liñaxe de xigantes", cun tamaño duns 9 metros cando a maior parte dos membros dete grupo pesaban hasta 90 toneladas y medían más de 30 metros de alto."Moitos dos seus ósos eran moi delicados e lixeiros, e que a maior parte do seu corpo estaba formado polo colo e a cola, o peso non debería ser moi impactante, de feito non maior ao dun elefante", sinalou Pablo Gallina.

PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº 13 1ºBACH D

No hay comentarios: