martes, 6 de mayo de 2014

De que depende o sexo?

Un grupo de investigadores, liderados por H. kaessmann do Instituto de Bioinformática da SIB, analizaron tecidos masculinos, especialmente dos testículos de diferentes especies, co obxecto de recuperar os xenes contidos no cromosoma Y.
Estudaron os tecidos dos 3 principais linaxes de mamíferos: `placentarios, marsupiais e monotremas, traballando en total con 15 especies diferentes e comparándoos con mostras obtidas de galiña.
Compararon secuencias de tecidos de machos e femias, eliminando as secuencias comúns a ambos los dous sexos; os xenes que quedaron corresponderían ao cromosoma Y.
Iste estudo supón o maior mapa xenético do cromosoma Y feito ata o momento e nos dí que o xene determinante do sexo é SRY, que surxíu nun ancestro común a marsupiais e mamíferos placentarios hai 180 m.a.; hai outro xene, o AMHY responsable do cromosoma Y en monotremas que te unha antiguedade parecida (175m.a). Ambos están implicados no desenvolvemento dos testículos e aunque surxiron case o mesmo tempo,o fixeron   de forma totalmente independente.
Non obstante o sistema que determina o sexo no ancestro común a todos os mamíferos segue sendo un misterio, xa que vivíu moitos m.a. antes de que surxiran os cromosomas Y.
Sabemos que nos crocodilos a temperatura é capaz de determinar o sexo das crías, pero nos mamíferos e no que respecta a nos  , Que foi o que desencadenou a necesidade  de diferenciar entre machos e femias?, débese a un factor xenético ou a un factor ambiental?.

A resposta segue aberta.



               

No hay comentarios: