miércoles, 28 de mayo de 2014

AVELINO CORMA, PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN

Avelino Corma é un químico, investigador do CSIC nacido en Castellón en 1951. Este investigador, creador do Instituto de Tecnoloxía Química en Valencia, dedicou os seus últimos trinta anos a investigación dos catalizadores (é dicir, sustancias que se utilizan moito na Industria, e que aceleran a velocidade dunha reacción química sen que se consuma o proceso) nos procesos de refinado de hidrocarburos e derivados da biomasa.

Este científico xunto cos seus colegas estadounidenses Mark E. Davis (Instituto de Tecnología de California) e Galen D. Stucky (Universidad de California, Santa Bárbara) gañaron o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica do ano 2014.
















Corma xunto cos seus colegas desarrollou materiais microporosos e mesoporosos, é dicir sustancias con poros diminutos, no caso dos materiais microporosos formados por aluminosilicatos que lles dán propiedades absorbentes que se utilizan como catalizadores industriais e no caso dos mesoporos formados por sustancias sílices, alúminas ou óxidos de diversos elementos mecánicos. Este tipo de materiais teñen importantes vantaxes como a reducción de emisións contaminanates de vehículos, fábricas e procesos de refinado do petróleo. Iste traballo foi principalmente ó que lles otorgou o premio.

Pero Corma é autor ademáis de un centenar de patentes, algunhas utilizadas en procesos comerciais.Tamén posúe a Gran Medalla da Academia de Ciencias Francesas e é autor de centos de artículos en revistas internacionales, o cal lle fai ser un científico español de grande prestixio.

Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140528/abci-avelino-corma-premio-principe-201405281051.html

VÍCTOR CARRERA QUINTANA 1 BACH A



No hay comentarios: