miércoles, 28 de mayo de 2014

A traxedia da basura electrónica

A exportación de residuos perigosos, entre eles os electrónicos, está prohibida dende 1992, sen embargo, cada ano, os países desenvolvidos producen ata 50 millóns de toneladas de residuos como ordenadores, televisores, teléfonos móviles, electrodomésticos...e, segundo investigacións, o 75% deles desaparece do circuito oficial e unha boa parte é exportada ilegalmente a África, China ou India.

Datos oficiais da Unión Europea calculan que dous tercios dos residuos electrónicos non chegan ás correspondentes plantas de reciclado e que o tráfico de residuos move xa máis diñeiro que o negocio da droga.

En cada país a situación é diferente. En España o problema non ven dado tanto polo tráfico senón pola neglixencia ante o tratamento inapropiado nas chatarrerías.



Membros da OCU (Organización de Consumidores e Ususarios) colocaron en total 16 rastreadores en residuos electrónicos en diferentes puntos de toda España e soamente 4 deles chegaron ás adecuadas plantas de reciclaxe, o resto foron eliminadas ilegalmente.

Os residuos electrónicos conteñen, entre outros materiais, metais preciosos como oro e prata e tamén cobre, chumbo e terras raras como o lantano, o terbio ou o neodimio, moi cotizados pola industria electrónica, cuxo tratamento supón gravísimos problemas de saúde para os traballadores dos basureiros electrónicos e para os nenos que se crían nesas zonas e demáis poboación.

Fontes de información:


  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/05/28/5384c82de2704ed75d8b4592.html
  • http://www.ocu.org/

Ana Rodríguez Vilas 1ºBach A

No hay comentarios: