jueves, 22 de mayo de 2014

A rutina na dieta levou á extinción ao primate "Pau" e aos seus conxéneres.

Pau, Lluc, Jordi e os seus conxéneres primates, dos que foron atopados fósiles nos xacementos catalás de Vallès-Penedès extinguíronse  a causa da rutina na súa dieta.

 Esta é a teoría que expoñen nun artículo na revista especializada, Plos Oneun, o equipo de investigadores do Instituto Catalán de Paleontoloxía Miquel Crusafont.

Os primates hominóideos do Mioceno, criaturas no árbol xeaniolóxico dos humanos e os grandes monos, dos que forman parte os especimes atopados en Cataluña, dispersáronse por Eurasia fai 14 millóns de anos.
A especialización alimentaria permitiu a súa expansión pero á vez converteuse nun risco.

O estudo, que infire na dieta de cinco especies de hominóideos da Península Ibérica, entre eles Pierolapithecus catalaunicos, á que pertence o famoso Pau, do que os restos apareceron no Els Hostalets de Pierola; Anoiapithecus breviroostris (Lluc) e Hispanopithecus laietanius (Jordi), realizouse a partir do microdesgaste que presentan os dentes dos fósiles e que indica que comían.
Cada tipo de alimento, recalcan os científicos, produce unha abrasión microscópica característica no esmalte dentario que os paleontólogos poden identificar e asociar a un tipo de dieta dando sentido á frase “somos o que comemos” (incluso os monos do Mioceno).


A  análise revelou que as diferentes especies tiñan unha alimentación diversa: uns alimentos duros, como froitos con cáscara e sementes, e outros froitos máis brandos. Cando os alimentos favoritos comezaron a escasear polos cambios no clima, os vellos simios do Mioceno non foron capaces de adaptarse e extinguíronse fai entre 12 y 9 millóns de anos.


MARCOS VAZQUEZ FERNANDEZ

1º BACHARELATO C

FONTES:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/20/catalunya/1400618514_564532.html

No hay comentarios: