miércoles, 28 de mayo de 2014

A app Zerofootprint premia os hábitos saudables

GOODcoins
A aplicació Zerofootprint para teléfonos ou outros gadgets intelixentes recompensa con monedas sociais, chamadas Goodcoins, ás persoas que realicen hábitos saudables. Este programa está pensado para reducir os gastos dos gobernos, xa que lles saería máis barato pagar un incentivo para que a xente realice actividades saudables que pagar os gastos dos tratamentos dalgunhas enfermidades crónicas.
Esta iniciativa está desenvolvéndose en dúas cidades canadienses. As Goodcoins, que se conseguen en actividades como ir a camiñar media hora, despois pódense cambiar por alimentos orgánicos ou, por exemplo, por unha toalla do Comercio Xusto.
Un exemplo do seu uso sería para evitar os casos de diabetes xestacional que afecta a unha de cada dez embarazadas en España. Despois do parto, sen supervisión, a paciente pode desenvolver diabetes en menos de cinco anos. A aplicación sería unha forma de seguir controlando ós pacientes e compensalos polas actividades que preveñan a aparición desa enfermidade. Ademais as Goodcoins solo se poden canxear por certas cousas que decide a comunidade. Así asegúrase que están invertidas en algo que beneficie o comercio local ou sea saudable.
Paréceche unha boa idea? Que hábitos saudables cres que podía promover esta app?

Fontes:
-http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2014/05/27/actualidad/1401178810_231547.html
-http://zerofootprintsoftware.com/points-brochure/

Fátima Rodríguez Delgado, 1º Bach D

No hay comentarios: