lunes, 28 de abril de 2014

Obtidas por clonación células produtoras de insulina


Científicos de Nova York e Xerusalén logran mediante a derivación de células nai por transferencia nuclear clonar  células beta pancreáticas -as produtoras de insulina- a partir dunha paciente de diabete de 32 anos.

 Divididos en dous grupos de investigación, un deles logrou resultados favorables  con varóns sans de 75 e 35 anos e o outro, cuxos datos publica agora a revista Nature, cunha muller de 32 anos con diabete e cun bebé varón acabado de nacer. Este segundo grupo ademais conseguiu obter células produtoras de insulina a partir da pel da paciente diabética.

A xeración de células beta pancreáticas era un dos obxectivos prioritarios da medicina rexenerativa, porque os científicos esperan que poida axudar aos pacientes diabéticos. A obesidade e a consecuente diabete de tipo 2 é o principal problema de saúde pública dos nosos días, nos países occidentais, e cada vez máis no mundo en desenvolvemento, esta realidade  está causada polo nefasto estilo de vida e nutrición dos países ricos. Pero con todo non se trata dunha cura para a diabete, pois nesta enfermidade o que está alterado é o sistema inmunolóxico do paciente que destrúe as células secretoras de insulina


A técnica empregada polos cientificos mostra unha alternativa ás  células IPS así o sinala Dieter Egli, da Fundación de Células Nai de Nova York, e os seus colegas da Universidade Hebrea de Xerusalén na revista Nature:
"As células iPS",son a miúdo defectuosas na súa diferenciación (especialización en tipos celulares útiles para transplantes), pois  conteñen patróns aberrantes de metilación (modificación epixenética), e adquiren mutacións somáticas."
Por outrra parte tamen recoñecen a importancia do su descubrento :
"O Nobel a Yamanaka impulsou  a investigación en células nai e atraeu, un interese e unha motivación sen precedentes cara ao campo ó mostrar ós científicos que a tecnoloxía das células nai ten un potencial incrible; é verdade que, ao mesmo tempo, desincentivou ós laboratorios da investigación en clonación; pero cremos que o noso éxito neste terreo establecerá un novo equilibrio, con ambas as dúas liñas progresando en paralelo".


    PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº13 1ºBACH D
ENLACES
http://www.elmundo.es/salud/2014/04/28/535e4edb22601d43778b456f.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/28/actualidad/1398683058_460776.html

No hay comentarios: