lunes, 21 de abril de 2014

Enerxía solar na escuridade


O principal e obvio problema da enerxía solar é que as veces, o sol non brilla, agora o equipo do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts xunto coa Universidade de Harvard encontrou unha solución ao asunto; un material que é capaz de absorber a calor do sol e almacelar esa enerxía en forma química, lista para ser liberada de novo cando se precise.

Na revista Nature Chemistry, Jeffrey Grossman explica que esta solución non é eficiente á hora de producir electricidade, mais, en aplicacións nas que a calor é a saida desexada como a calefacción ou mesmo a cociña, podería ser unha oportunidade para a expansión da enerxía solar, xa que esta, convertese en calor e como dixemos antes é almacenable e distribuible.

O funcionamento deste material explicase do seguinte xeito: as moléculas poden asumir unha forma das dúas posibles. A exposición á luz solar fai que absorban enerxía e salten dunha configuración a outra, que logo se estabiliza durante longos períodos de tempo.
Estas moléculas poden reactivarse e facer que volvan á outra configuración aplicando calor, luz ou electricidade, e cando se relaxan emiten calor.
É dicir, podemos definir este material coma unhas baterías térmicas recargables que toma a enerxía do sol, almacénaa indefinidamente e desprendea baixo demanda.

Grossman baralla as posibles aplicacións e destaca a súa utilidade como combustible para cociñar xa que é reutilizable e non produce emisións contaminantes.



FONTES:  http://www.abc.es/ciencia/20140420/abci-cientificos-descubren-como-generar-201404161442.html

Pilar Veloso Trigo, 1º Bach. C

No hay comentarios: