lunes, 28 de abril de 2014

A MOSCA TSÉ-TSÉ

Por primeira vez un equipo de investigadores de todo o mundo conseguiron secuenciar o xenoma completo da mosca tsé-tsé, transmisora do soño nos humanos. Este avance axudara a que nas investigación futuras se poda conseguir, dunha maneira máis sinxela, novas maneiras de combatir a enfermidade, endémica e potencilamente mortal.
A mosca tsé-tsé é única no mundo xa que alimentase únicamente do sangue dos seres humanos e os animais. Ademáis a súa picadura pode transmitir a enfermidade do soño que se non se recibe tratamento é mortal. A vacuna a´nida non se desenvolveu e os tratamentos farmacolóxicos actuais teñen efectos secundarios non desexados.
Agora o obxetivo será identificar os xenes da mosca que codifican as proteínas e logo se enlazan coa súa función biolóxica correspondente. Estas proteínas teñen importancia xa que con elas podese averiguar aspectos da estructura e función dun organismo.

Os investigadores traballan polo dirección correcta para reducir o número de afectados, uns 70 millóns en toda a África subsahariana. Ademáis esta enfermidade tamén afecta aos animais polo que durante moito tempo foi unha prioridade nos países afectados.


Fontes: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/04/24/actualidad/1398360794_475995.html



Miguel Ferreiro Díaz 1º Bach C

No hay comentarios: