lunes, 31 de marzo de 2014

Vinculan a enfermidade do Alzhéimer con infeccións por fungos

O traballo foi publicado no ''Journal of Alzheimer's Disease''. Levado a cabo polos investigadores do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa.

Anteriormente, xa demostraran a existencia de infeccions fúngicas en pacientes con enfermidades de caracter neurolóxico.

No alzhéimer os cambios na proteína tau producen a desintegración dos microtúbulos nas células cerebrais

A análise do ADN fúngico, realizado mediante PCR, foi a clave para determinar as especies de fungos presentes nas mostras do cerebro. O estudo confirmou a presenza de micoses (infeccións provocadas por fungos, como a tiña ou os fungos que se contaxian nas piscinas) diseminadas polo sistema nervioso central e a coexistencia de diversas especies de fungos nun mesmo paciente, aínda que isto último variaba en función da fase de desenvolvemento da enfermidade.

Para os investigadores estas evidencias sobre a existencia de infeccións fúngicas en pacientes coa enfermidade de Alzheimer abre un novo campo de investigación da etioloxía desta enfermidade.

"Estudos futuros neste sentido servirán para determinar o papel desempeñado polas micses diseminadas na aparición e desenvolvemento do alzhéimer", detallan.

FONTES: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-alzheimer-podria-estar-relacionado-con-infecciones-por-hongos

                                                    Paula Quintas Blanco 1º bach A

No hay comentarios: