domingo, 30 de marzo de 2014

Unha nova vía para a clonación terapéutica

Embrión de ratón clonado a partir da nova técnica
Actualmente existe un gran número de investigadores e científicos traballando no campo das células nai para a curación de enfermidades humanas. Un dos obstáculos para lograr este fin acaba de ser derribado polo científico Shoukhrat Mitalipov e o seu equipo, os mesmos que fai un ano conseguían células nai utilizando óvulos humanos. Nesta ocasión, os científicos da Universidade de Oregon (EEUU) acaban de conseguir a clonación de óvulos fecundados, un paso adiante na medicina rexenerativa.

O citoplasma dun óvulo non fecundado ten a capacidade de reprogramarse, pero creíase que esta facultade perdíase unha vez estivese fecundado. Por iso, ata agora, a clonación actual facíase en óvulos sin fecundar ós que se lle extraía o núcleo e se lle introducía outro. O experimento foi publicado na prestixiosa revista Nature para que o poida coñecer a comunidade científica. "A última meta é a clonación terapéutica en seres humanos, para reprogramar células adultas de pacientes. Con esta técnica, podríanse crear tecidos sans que sustitúan a outros dañados, sen ningún risco de rechazo", afirma Mitalipov.

O traballo que realizou este investigador e o seu equipo foi o seguinte: Colleron células epiteliais de fetos de ratóns, e extraeronlle o seu núcleo, o cal foi introducido dentro de células dun embrión de outro ratón (Ambas as dúas células debían estar na mesma fase do ciclo celular, na metafase). Con procesos químicos realizouse a reprogramación e as células foron cultivadas ata formar embrións. Estes embrións utilízanse con dous fins distintos:

  • Extracción de células nai embrionarias para a cura de tecido cardíaco, óseo...
  • Introducción no útero dun ratón hembra para conseguir ratóns clonados
Un dos problemas ós que se enfrenta esta técnica e o dilema ético existente arredor de calquera asunto relacionado coas células nai. Segundo afirma Mitalipov, "este dilema non debería existir, pois este método non implica a destrucción de embrións de ningún tipo"

Este novo experimento é un gran avance para o campo científico da medicina, con vistas á unha posible clonación terapéutica en seres humáns, basada no uso das células nai embrionarias. Pero aínda queda moito que investigar.

Realmente hai algún problema ético ó usar esta nova técnica? Vós que pensades?

Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/salud/2014/03/26/53331ab0268e3ebc3b8b4579.html
  • https://www.uco.es/servicios/comunicacion/informacion/acuerdos/item/download/88977
  • http://www.elmundo.es/elmundosalud/2013/05/15/biociencia/1368633318.html
David Boó - 1º Bach. A

No hay comentarios: