miércoles, 12 de marzo de 2014

O HUBBLE CAPTA COMO UN METEORITO SE DESCOMPON

Por primeira vez fomos capaces de ver en directo a desintegración dunha rocha espacial. Foi grazas ao telescopio espacial Hubble que captou como o asteroide se achegaba ao Sol e se desintegraba en dez fragmentos.

Antes púidose observar como un cometa, formado de po e xeo, se desfacía a medida que se achegaba ao Sol. Pero ata agora ninguén lograra ver este comportamento nun membro do cinto de asteroides.



"Trátase dunha rocha sólida e ver como se esnaquiza xusto diante dos teus ollos resulta moi excitante".



O asteroide, chamado P/2013 R3, que xa se visualizara o 15 de setembro de 2013 e despois no observatorio Keck, en Hawaii, está formado de tres corpos que se moven xuntos. Os datos do Hubble mostraron que os fragmentos se afastaban lentamente os uns dos outros, a unha velocidade de case dous km. por hora. O asteroide empezou a esparexerse a finais do ano pasado, pero aínda se están a encontrar novas pezas.

Descartáronse varias causas polas que o asteroide podería terse desintegrado como por exemplo é pouco probable que se desintegrase coa colisión con outra rocha xa que tería feito que os fragmentos se movesen moito máis á présa do que o fan. E tampouco é probable que as pezas do asteroide se estivesen a separar a causa da presión exercida polo quentamento e vaporización do xeo interno.

A única explicación probable é que a acción dos raios solares, que causan que a taxa de rotación da rocha se vaia incrementando pouco a pouco. Desta forma, a forza centrífuga da súa propia rotación fai que se vaian separando.

Para que esta explicación sexa a correcta, é necesario que o asteroide teña unha estrutura interna moi débil, debido a colisións anteriores que non chegaron a destruílo. O que lle acontece agora a P/2013 R3 podería ser consecuencia dunha antiga colisión, sucedida mesmo hai mil millóns de anos. Isto alértanos da importancia que ten a presión dos raios solares na desintegración de asteroides de non máis dun quilómetro e medio de diámetro.

Calculouse que os restos de P/2013 R3 nun futuro constituirá unha rica fonte de meteoroides. Moitos rematarán caendo no Sol, pero unha pequena fracción destes, poderían chegar a cruzar algún día os nosos ceos en forma de meteoros

FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-hubble-capta-como-asteroide-201403070959.html


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

No hay comentarios: