miércoles, 12 de marzo de 2014

O «engano» de porlle nome a un cráter de Marte

Hai moitas formas de tirar o diñeiro e con toda seguridade esta non é unha das máis caras, pero a súa inversión acabará perdida... nun buraco de Marte. A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), a organización encargada de «bautizar» oficialmente aos planetas e outros obxectos celestes, denunciou públicamente a existencia dunha iniciativa para porlle nome a cráteres marcianos a cambio de 5 dólares (algo máis de 4 euros), que «vai en contra das normas internacionalmente recoñecidas».
A compañía Uwingo, que se anuncia como una fundación destinada á investigación científica, propón dende o pasado 26 de febreiro a cualqueira que teña unha conexión a internet que poña nome a un dos 500.000 cráteres marcianos que seguen sin recibir unha denominación, como parte dun proxecto cartográfico. Bautizar os cráteres máis pequenos costa algo máis de 4 euros, ainda que o precio sube a medida que aumenta o tamaño da formación xeolóxica. Os nomes, xa sexan propios, dun equipo deportivo, dun artista ou dun político, serán aceptados de inmediato e manteranse a non ser que sexan considerados ofensivos ou inadecuados. O diñeiro recaudado, que podría superar os 10 millóns de dólares, será destinado á financiación da exploración espacial e a proxectos educativos e de investigación, según Uwingo.
Sen embargo, para á IAU, esta é unha iniciativa que se aproveita do interés do público no espacio e a astronomía. A organización apunta que estes proxectos «van en contra do espíritu de acceso libre e igualitario ao espacio, así como contra as normas internacionalmente recoñecidas». Polo tanto, «os nomes comprados nunca se poden usar nos mapas oficiais». A IAU sí alenta á xente a participar no proceso de nombramento de obxectos espaciais cos métodos recoñecidos oficialmente, que sempre son gratuitos.

Invitación pública

Os astrónomos puxéronse de acordo sobre as normas comúns para nomear aos obxectos ou fenómenos espaciais, de maneira que poidan ser fácilmente localizados e descritos. Por exemplo, os accidentes xeográficos dun planeta ou satélite determinado reciben nomes escollidos dun tema en particular. Solo aos que se consideran de importancia para a ciencia dáselles un nome, deixando que outros sexan designados polas xeneracións futuras.
O público en xeral so pode por nome a un accidente xeográfico ou a un obxecto espacial a raíz dunha invitación pública dunha axencia espacial ou dos propios descubridores. Por exemplo, este foi o caso da misión Magallanes da NASA en Venus, iniciada en 1989, durante a cal invitouse aos ciudadáns a propor nomes de mulleres famosas para nomear distintos lugares. O mismo ocorreu co nomeamento dos dous satélites descubertos recentemente en Plutón, que foi o resultado dunha votación pública. Pero para os cráteres de Marte, hoxe por hoxe, «solo os seus descubridores, as axencias espaciais, poden tomar a iniciativa de involucrar ao público no proceso de nomeamento, en cooperación coa IAU e seguindo a normativa internacional».
Na actualidade, o Grupo de Traballo da IAU para Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN), en representación da comunidade astronómica mundial, ofrece un sistema único dos nomes oficiais dos obxectos do Sistema Solar (accidentes xeográficos da superficie do planeta, satélites naturais, planetas ananos e os aneis planetarios). Os de Uwingo (significa «ceo» en swahili) xa saben que non teñen o beneplático da IAU e non buscan a súa aprobación, xa que consideran os seus nomes simplemente «populares». Serán os cidadáns queness decidan si merece a pena gastar o seu diñeiro en algo que quizais lles faga ilusión, pero que nunca sairá nun mapa da NASA.
El «engaño» de ponerle nombre a un cráter de Marte

















Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140312/abci-engano-ponerle-nombre-crater-201403121258.html



                                                                       Martín González Fernández 1º bach A










No hay comentarios: