jueves, 20 de marzo de 2014

Desvelan a acción dun novo xene da obesidade

Os estudos que indagan nas bases xenéticas da obesidade sinalaron a un xen, chamado FTO, como un dos grandes responsables xenéticos desta enfermidade. Xa se identificaron ata 75 lugares do xenoma implicados no aumento da masa corporal, pero un simple cambio de só un dos ladrillos básicos que compoñen o FTO considérase unha das mutacións máis relacionadas coa obesidade.

Agora, unha colaboración internacional formada por universidades de Estados Unidos, Canadá e España chegou á conclusión de que hai outro xen 'culpable' verdadeiramente da obesidade.

Dito de xeito técnico, descubriron que certas mutacións do FTO ligadas á obesidade realmente non activan a expresión deste xen, senón a doutro situado a mil unidades de distancia, o IRX3.

"Os nosos datos suxiren que IRX3 controla a masa corporal e regula a composición do corpo", declara un dos autores do estudo; e engade: "Calquera asociación entre FTO e a obesidade é froito da influencia do IRX3".

Este traballo multidisciplinar, tamén revela que os ratos con carencias neste xen son máis delgados, cunha redución do 25% ao 30% no peso corporal. En total, corroboraron que esta interacción acontece en humanos, ratos e peixes cebra, o que suxire que este mecanismo se conservou evolutivamente no xenoma.




Un dos experimentos para confirmar o papel de IRX3 na obesidade consistíu en alimentar cunha dieta alta en graxas ratos sen IRX3; estes mantiñan o seu peso e os niveis lipídicos, mentres que os ratos normais sometidos a esa mesma dieta engordaban ata duplicar a súa masa. "Ademais, tiñan mellor capacidade para captar a glicosa e estaban máis protexidos fronte a diabete"


Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH.-A



No hay comentarios: