domingo, 9 de marzo de 2014

Aumenta a preocupación polo lixo espacial

Recreación  do satélite Envisat

O inicio deste problema comeza no 1957, cando a URSS lanzou ó espazo o Sputnik 1 , o primeiro satélite artificial da historia. Desde aqueles días, unha gran cantidade de mísiles e artefactos en desuso estase acumulando no espazo, chegando a producir un grave problema para todo o mundo. Un dos casos de maior tamaño (e de maior preocupación) é o do satélite Envisat: Lanzado ó espazo no 2002, cesou a súa actividade no 2012, por unha perda de contacto co artefacto. Conta cun tamaño semellante ó dun autobús e cun peso maior de 8 toneladas, o que o converte no maior satélite de observación terrestre creado con fins civís.

A existencia de "lixo espacial" non é nova para a NASA, pois en varias ocasións modificou a órbita da ISS para garantizar a seguridade da Estación Internacional. Este caso é máis preocupante polo risco de choque con outros satélites: "Envisat atópase nunha órbita moi utilizada para misións de observación terrestre. Ten un tempo de vida de 150 anos, e cando se precipite cara á Terra, algunhas partes impactarán na superficie terrestre case sen antelación", explica Marco Castronouvo, investigador da Axencia Espacial Italiana.

Acumulación de basura espacial na órbita terrestre

A comunidade científica xa adoptou medidas para evitar a acumulación de lixo espacial na órbita terrestre, co fin de evitar o chamado Síndrome de Kessler, que sería un problema no cal o volumen de lixo espacial sería tan alto que os obxectos postos en órbita impactarían irremediablemente con artefactos xa inservibles, o que ocasionaría unha maior concentración na órbita terrestre. Segundo di Marco Castronouvo, "xa se están levando a cabo iniciativas esperanzadoras para remediar este problema". A máis importante é o código de conducta do 2012, asinado por países de todo o mundo para intentar regular o volumen de artefactos na órbita terrestre.


Estamos ante un problema de grandes dimensións ou non é tan grave como parece a simple vista?
Son necesarios mecanismos para controlar o lixo espacial acumulado na órbita terrestre?


Fontes de información:
  • http://www.elmundo.es/ciencia/2014/03/09/531a114d22601dca0e8b4588.html
  • http://www.neoteo.com/el-sindrome-de-kessler-y-la-exploracion-espacial/
  • http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/18/ciencia/1326907859.html 
  • http://www.esa.int/ESA
David Boó. 1º Bach A 

No hay comentarios: