sábado, 8 de febrero de 2014

As primeiras pegadas en Europa


Un equipo científico británico anunciou esta semana o descubrimento no depósito de Happisburgh (Reino Unido) as pegadas máis antigas encontradas ata a data en Europa, de algo maís de 800.000 anos. O experto en neandertales Chris Stringer cre que poderían pertencer á especie cuxos fósiles atopáronse  en Atapuerca, en concetro , aqueles que se conservaron no depósito da Gran Dolina que  teñen tamén máis de 800.000 anos e bautizaronse  cando se descubriron os primeiros fósiles, en 1994, como Homo antecesor.


 As pegadas deste grupo de homínidos consideraríase o rastro máis antigo coñecido na actualidade fóra de África o que é  unha clara evidencia   da presenza dos primeiros humanos coñecidos no Norte de Europa, así declarábao  Nick Ashton director  do Museo de Historia  Natural de Londres , onde se presentará o achado a finais deste mes.

Atopáronse  despois de que quedaran expostas durante unha marea baixa na zona costeira de  Norfolk cando o mar axitado limpou a area que as cubría e uns investigadores víronas , os cales tomaron imaxes dos sedimentos petrificados antes de que o mar as tragase de novo.
Con esas fotografías e tras o seu análise detallado, realizado pola doctora Isabelle De Groote, , deseñouse  un modelo en tres dimensións, co cal determinaron que se debeu de tratar dun grupo de cinco individuos, posiblemente familiar, de adultos e nenos.

Do aproximadamente medio centenar de pegadas identificadas, só unha ducia estaban razoablemente completas e só en dous apreciábanse os dedos con detalle,os arqueólogos están agora a intentar precisar a súa idade que, polo momento, sitúan en torno a 850.000 anos ou 950.000.
A pisada máis grande sería dun individuo que calzaría un número 42 actual e os investigadores estiman, polo tanto, que mediría algo máis de 1,70 metros.



FONTES:
                      
Patricia Moreiras Arias nº13 1º Bach.D



No hay comentarios: