sábado, 15 de febrero de 2014

A VOLTAS CO NOSO PASADO

Cando parecía que o asunto do xenoma de neandertais e denisovanos, e a súa presenza nos humanos modernos xa quedara no olvido, dous novos traballos publicados en Nature e Science volven chamar a nosa atención. Estes artigos tratan do estudo sobre qué partes do xenoma neandertal quedaron fixadas nos nosos xenomas e cáles non.

Ambos traballos chegan ás mesmas conclusións. Por unha parte afirman o que xa se sabía: os humanos que vivimos fora de África levamos entre un 1% e un 2% de ADN neandertal.
Pero o máis interesante é que non está presente de forma homoxénea; algunhas rexións son extraordinariamente ricas en ADN, é dicir que estas rexións foron ventaxosas para os humanos modernos que saíron de África, de feito ao analizar os xenes pódese ver que están relacionados coa cór da pel e o bello do noso corpo. Por outra parte, adquirimos algunhas variantes xenéticas que dán lugar a enfermidades como a diabetes.

Tamén sucede o contrario: o noso xenoma ten lagoas nas que apenas hai ADN neandertal.
Esto significa que esas variantes neandertais de esos xenes eran desventaxosas e por eso nos desfixemos delas. Según os científicos esas variantes podían disminuír a fertilidade dos descendentes neandertais e humanos modernos, de ahí que fosen transmitidas con menor eficacia e se terminara perdendo.
Neste caso a análise foi posible xa que existía unha secuencia do xenoma neandertal de alta calidade para comparala con xenomas humanos modernos. Pero o máis importante é que existen posibilidades de facer unha auténtica ''paleoxenómica'', é dicir reconstruír xenomas arcaicos partindo de cero.

Maps of Neanderthal ancestry.


Fontes: http://a100ciacierta.com/

                                                          LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ 1ºBACH C

No hay comentarios: