miércoles, 12 de febrero de 2014

A proba máis antiga da utilización de lume atopada en Israel

O mes de xaneiro, a revista Journal of Archaeological Science publicou un número no que se falaba dun xacemento arqueolóxico importante en Israel. Os científicos que traballaban nesas escavacións descubriron indicios de que os homes prehistóricos que alí habitaban xa usaban o lume fai 300.000 anos. Estas probas foron atopadas na cova de Qesem. Os científicos descubriron no centro da cova un gran depósito de cinza de madeira mezclada con trozos de terra queimada osos. Perto de onde se atopaban os indicios do lume tamén se descubriron diferentes tipos de utensilios utilizados para cortar distintos tipos de alimentos.
Estas probas fannos pensar que os homes prehistórico que ali habitaban xa eran capaces de planificar, recolectar leña e manter prendido o lume sendo conscientes da súa importancia. Oss profesores Avi Gopher e Ran Barkai-,demostraron que os homo sapiens modernos evolucionaron precisamente en África fai uns 200.000 anos, polo que os habitantes do poblado israelí pertencían a unha especie humana anterior.
Fontes de información: http://cultura.elpais.com/cultura/2014/02/06/actualidad/1391696429_547403.html María Laborda Iglesias, 1º bacharelato A

No hay comentarios: