viernes, 22 de noviembre de 2013

Europa lanza a misión Swarm para explorar o debilitado campo magnético da Terra

A misión Swarm, formada por tres satélites, despegou con éxito dende o cosmódromo de Plesetk (Rusia), co obxectivo de estudar os procesos que ocurren no interior da Terra, comprender mellor o seu campo magnético e por que, según parece, este estase debilitando.
O lanzamento tivo lugar ás 14:02 horas (hora peninsular) a bordo dun cohete Rockot e, se ben o despegue foi según o previsto, houbo que esperar ao redor dunha hora e media para escoitar os primeiros aplausos no Centro Europeo de Operacións Espaciais da Axencia Espacial Europea (ESA), en Darmstadt (Alemaña).
E e que unha das fases máis críticas de este lanzamento foi o momento no que os tres satélites separáronse do lanzador -dous nun primeiro lugar y o terceiro minutos despois-. Isto e as primeiras señais dos satélites recibíronse aproximadamente unha hora  media despoixa do despegue.
"Estou moi satisfeito e desexo larga vida aos nenos de Swarm", sinalou Jean-Jeacques Dordoain, director xeral da ESA.
Esta misión contrólase dende o Centro Europeo de Operacións Espaciais da ESA (ESOC) en Darmstadt, a través da estación de seguimento de Kiruna (Suecia). Hoxe en Alemaña unhas cen persoas traballan neste lanzamento, concretou aos periodistas Ferri.
Recreación artística de la misión Swarm. 
Fontes:
http://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/22/528f5e7761fd3def128b456f.html

                                                                      Martín González Fernández 1º bach A

NEUTRINOS EXTRATERRESTRES ECONTRADOS NO POLO SUR

Investigadores de Estados Unidos constrúen un cubo dun quilómetro por un quilómetro enterrado a 2.500 metros de profundidade baixo o xeo da Antártida para observar os neutrinos que chegan dende o Universo. Este cubo, chamado IceCube, esta formado por 276 científicos de diferentes países, que por primeira vez detectaron neutrinos (un tipo de partículas subatómicas que poden xerarse no Sol, en fenómenos astrofísicos como o Big Bang, o CERN ou nas centrais nucleares) cunha alta enerxía procedentes de afastadas galaxias.

  neutrino de máis alta enerxía captado no observatorio IceCube


O que nos pode achegar este descubrimento é que se poida extraer información dos devanditos neutrinos para facer Astronomía. Este achado, compárano algúns dos investigadores coa primeira vez que utilizamos os raios X ou a radiación Gamma, dúas técnicas que revolucionaron a astronomia moderna.

Detectáronse 28 neutrinos, parecerán poucos pero o que nos interesa é a súa enerxía que é millóns de veces superior aos neutrinos solares ou da Supernova. Grazas á creación do IceCube temos un observatorio para poder detectar estes neutrinos que nos abre unha porta para a exploración do espazo.



Conseguismos capturar eses neutrinos cuns buratos, nos que se deslizan unhas cordas cuns detectores do tamaño de pelotas de baloncesto. Son esas esferas as que conseguen detectar os sinais dos neutrinos. Dous dos neutrinos teñen unha enerxías por enriba dos 1.000 millóns de MeV. Tan importantes son que lles puxeron un alcume: Ernie e Bert (Epi e Blas).





-Un dos buratos do IceCube, taladrados no xeo.