martes, 15 de octubre de 2013

Premio Nobel de Física para Englert e Higgs

Chega a confirmación dunha noticia esperada. A Academia Sueca de Ciencias concédelle a François Englert e a Peter Higgs o Premio Nobel de física, polas súas investigacións teóricas sobre a orixe da masa, as cales se poderían confirmar finalmente o 2012 no CERN, utilizando o gran acelerador de partículas (LHC) alí situado.

Englert e Higgs nunha conferencia no CERN

A partícula sobre a que eles teorizaron leva o nome de Bosón de Higgs. Para entender a magnitude deste premio hai que comprender que é e para que serve este bosón. Pódese facer unha comparación moi sinxela: Imaxina un océano, cheo de auga. Cada partícula adquiriría masa polo rozamento ca auga, as mais lixeiras serían coma pequenos peixes deslizandose e as máis pesadas coma baleas tendo que soportar máis resistencia. É dicir, o bosón de higgs é cada molécula (Neste caso cada gota de auga que forma o océano) que forma o campo de Higgs (Que sería o propio océano), que está distribuido ó longo de todo o universo e que explicaría o motivo polo cal a materia posúe masa. A interacción das partículas subatómicas con este campo sería a responsable da masa en calquera corpo (Tamén explica porque o protón ten máis masa ca un electrón, posto que o protón ten máis tamaño e polo tanto ten un maior roce co campo).

A pregunta agora pode ser: E por que reciben agora o premio e non fai 50 anos cando teorizaron sobre el? Cómpre recordar o método científico (Observación, preguntar, facer unha hipótese, experimentar, e contrastar ese experimento con outros). O problema é que cando esta teoría foi proposta no 1964, ninguén observara un bosón de Higgs. Foi no 2012 cando por fin se comprobou experimentalmente no CERN (Por medio de dous proxectos diferentes) a autenticidade do bosón.

Existe, sen embargo, certa controversia polo premio. Ninguén dubida que tanto Englert como Higgs son dignos merecedores do galardón. Sen embargo, tamén tiveron a un terceiro axudante xa difunto, Robert Brout, o cal non recibiu o premio. Tampouco foron galardonados os máis de 7000 científicos do CERN que conseguiron comprobar experimentalmente a súa existencia. Deben entregar a título póstumo o premio Nobel?  Ou tal vez deberían cambiar as normas para que se poda premiar a un grupo de científicos e non só a 3 persoas individuais? (Debemos recordar que unha base da ciencia é o traballo en equipo).

Fonteshttp://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/08/actualidad/1381218475_592030.html
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Higgs-y-Englert-Nobel-de-Fisica-2013-por-su-descubrimiento-teorico-del-boson

David BL. 1º Bach A.