domingo, 26 de mayo de 2013

"O PAÍS DOS MIL RIOS" CONVERTIDOS EN AUGA ENCORADA

Con 23 centrais eléctricas e 29 minicentrais, 2.139 megavatios de potencia instalada, así coma outros proxectos en curso, tramitados ou en execución, esta provincia é toda unha paisaxe de enerxía "limpa". Ourense, espacio privilexiado, pola súa orografía, riqueza hidrográfica, pluviosidade, para a xeración de enerxía eléctrica, para esto, coa construcción dos encoros vimos como anegar pobos, borrar ríos do mapa, altera-los cauces convertíndoos en meras acumulacións de auga estanca, é tarea fácil.

   A colocación de barreiras nos ríos fulminou a presencia de moitas especies - salmóns, anguilas, lampreas, troitas- , antes habituais, ás que se lles impide calquer intento de remonte. Moitos dos encoros eutrofizáronse por non adecentalos antes para a súa chea, a presencia de cianobacterias é xa unha evidencia, o trasvase de augas entre eles extenderá máis o problema. Pero o máis paradóxico e lamentable, é que a súa construcción non supuxo mellora nin impediu o despoboamento, é máis, en moitos casos acelerou ó desenlace.

As hidroeléctricas, moi beneficiadas, non facilitaron un desenrolo coherente, nin revertiron os ingresos na zona, pero sí se apropiaron dos ríos e o seu entorno. Entre outras cuestións porque tampouco houbo unha política que esixira máis contraprestacións -pagan o IBI e o IAE e punto- cando o máis lóxico sería a implantación dun proxecto industrial compensatorio.
   Incluso, desatendendo a lei e a lóxica, na provincia dos "mil encoros" pódese ver como algúns municipios depositarios, cando o ano ven seco e sofren restriccións de auga, teñen que ser abastecidos con cisternas.
   Paradoxas da vida.
   A situación da nosa rede hidrográfica, do noso gran tesouro, " a auga, o ouro do futuro", é lamentable. Para quen seguiu todos estes anos a modificación da paisaxe, a alteración da fauna, a acción mantida por parte das concesionarias, é desesperante.
   É evidente que Ourense está sobreexplotada polas concesionarias hidroeléctricas que aproveitaron con creces as particularidades hídricas, morfolóxicas e de irrigación natural para "enriquecerse" coas concesións.

  Enlaces: 
http://www.laregion.es/noticia/255416/panoramica/convertidos/embalsamada/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/castrelodemino/encorocastrelomino.html

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A".

A BIODIVERSIDADE ESPAÑOLA ESTÁ EN PERIGO

Un estudo realizado pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) revela que España é o país europeo onde se concentra a maior porcentaxe de especies ameazadas de todo o continente. España contén arredor dunhas 85.000 especies de animais e plantas, o que supón o 54% do total das especies descritas en Europa e un pouco máis do 5% da biodiversidade mundial. Ademais, moitas delas son endémicas, é dicir, que tan só se atopan neste recuncho do planeta.

A pesar destas esperanzadoras cifras, moitas das especies están en perigo de extinción. O proxecto tomou como base a Lista Vermella Europea, un catálogo que recolle o grao de ameaza das especies europeas en perigo, e asegura que o 38% das especies presentes nesa lista se atopan en España. É a cifra máis alta do continente, seguida de Grecia (32%) e Portugal (22%). Máis concretamente, o estudo desvela que no noso país están ameazados o 19% dos mamíferos, o 24% dos réptiles, o 7% dos anfibios, o 37% dos peixes de auga doce, o 5% das bolboretas, o 8% das libélulas, o 6% dos escaravellos, o 26% dos moluscos terrestres, o 34% dos moluscos de auga doce e o 26% das plantas vasculares. A fragmentación e perda de hábitat, a sobre-explotación de acuíferos, a contaminación e a introdución de especies invasoras, son as principais ameazas ó noso patrimonio natural.

Estes datos resultan preocupantes, pero aínda o é máis que as políticas de biodiversidade estean practicamente abandonadas polas administracións estatais e autonómicas. “Ecologistas en Acción”, que organizou o pasado martes 21 en Madrid un debate para analizar a situación da biodiversidade, denuncia que as Comunidades Autónomas respaldan proxectos que, teoricamente, favorecen o crecemento económico pero en realidade o único que conseguen é traer graves consecuencias ambientais e sociais (como o de converter a Galicia nunha gran mina). Ademais, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente centra os seus esforzos en cambiar a normativa ambiental, ocasionando graves consecuencias de desprotección e desregulación (como o intento de modificar a Lei de Costas). As políticas de conservación empregadas ata agora son insuficientes para garantir a continuidade da nosa diversidade. Se se destinasen máis esforzos e recursos para a investigación e o desenvolvemento de políticas eficaces de xestión, esta conservación podería asegurarse.
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

Unha nova oportunidade

     Kaiba Gionfriddo, de 20 mese na actualidade, ao nacer diagnosticaronlle unha terrible enfermidade chamada traqueobroncomalacia, é dicir, unha aletaración na integridade da tráquea, o que provocaba no neno unha falta de osíxeno ao non poder respirar por si mesmo. Tras descubrir qie tiña a enfermidade, os médicos alertaron aos pais de Kaiba da posible morte do seu fillo e ofreceronlles intervir mediante un estudio que estaba sendo desenrolado na Universidade de Michigan (estado no que se atopaba o bebé); os pais accederon a que se levase a cabo a intervención. Durante a operación, o doutor de otorrinolaringoloxía, Glenn Green, e o biomédico, Scott Hollister, diseñaron un dispositivo á medida para que o neno puidese respirar por si mesmo; grazas a un ordenador de alta tecnoloxía e a unha impresora 3D na que os cartuchos, non estaban cheos de tinta senón que de biomaterial denominado poliprolactona (polímero biodegradable con baixo punto de fusión) que é reabsorbible polo corpo á medida que a criatura medra.

       Este dispositivo foi introducido nun dos bronquios durante a operación, e ao colocalo, os médicos viron que os pulmóns subían e baixaban, é dicir, o neno ventilaba e a férula estaba dando os seus frutos. Mantiveron ao bebé 21 días con respiración asistida e tras este periodo, Kaiba abandonou o hospital. Actualmente vive sen ningún problema.




Fuentes de información:
http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/05/24/actualidad/1369398441_503274.html


Marcos Fernández Rodríguez 1ºBACH A

As novas xeracións tamén gañan


     A fundación "Young Scientist Award", celebrou o seu 63 aniversario este mércores repartindo, como cada ano, becas aos inxeñosos rapaces. Eesha Khare foi unha das novas premiadas, cunha beca de 50.000 dólares que só foi superada por Ionut Budisteanu, cunha beca de 75.000 dólares por o invento dun coche eléctrico sen conductor, e igualada por Henry Wanjune Lin.

A rapaza estadounidende, fartade que ao seu smartphone se lle esgotase a batería rápidamente, pensou unha solución para a corta vida da pila: acertou cando pensou en que os supercondensadores (un material capaz de almacenar unha gran carfa eléctrica) podían facer que os ciclos de carga aumenteasen de 1.000 a 10.000, é dicir, dez veces maior o ciclo de carga, e disminuindo o tempo de carga ata chegar aos 20-30 segundos.

Un novo invento revolucionario xa pensado para todo tipo de aparatos como pantallas flexibles, ordenadores portátiles, etc. En resumo, un novo paso de xigante para a tecnoloxía e a mostra de que os emprendedores tamén poden ser novos.




Fuentes de información:
http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/05/24/actualidad/1369398441_503274.html


Marcos Fernández Rodríguez 1º BACH A