“Da penuria da situación económica española
non só falan as dramáticas cifras do paro (6.202.700 desempregados). A taxa de
temporalidade e a consecuente precarización no emprego é unha das máis altas de
Europa. Un de cada catro contratos é temporal, o que responde á estrutura
económica dun país na que predominan o turismo e a construción. O primeiro está
lastrado pola estacionalidade. O segundo, por man de obra pouco cualificada.
Que está a facer España para saír airosa da crise e corrixir as súas debilidades
endémicas?
A resposta púidose atopar esta semana nos
espazos dedicados á ciencia dos medios de comunicación. As historias de Ana
María Martínez Gil, química; Diego Martínez Santos, físico, e Nuria Martí
Gutiérrez, bióloga, son máis que elocuentes.
Ana María Martínez Gil traballa no Instituto
de Química Médica do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) e
tivo que suspender a investigación sobre o Alzheimer na que estaba traballando.
Acabouse o diñeiro, así que non poderá seguir indagando, de momento, sobre o
fármaco que analizaba para combater tan terrible enfermidade.
Diego Martínez leva varios anos traballando
fóra de España. Primeiro estivo no CERN (o Laboratorio Europeo de Física de Partículas)
e agora no Nikhef, o Instituto de Física de Partículas de Holanda. Pretendía
volver a España e inscribiuse na convocatoria das bolsas Ramón e Cajal, pero
nin sequera foi preseleccionado. Dáse a circunstancia de que se decatou ao
mesmo tempo de que a Sociedade Europea de Física dáballe o premio ao mellor
físico novo de Europa, pero no Ministerio de Economía (do que depende a
Secretaría de Estado de Investigación) rexeitáronlle por falta de liderado
internacional. Martínez mostrou a súa perplexidade, pero tamén a súa
comprensión. Os tallos neste sector foron tan drásticos que non hai sitio para
tanto talento. As bolsas Ramón e Cajal (contratos, en realidade, de
investigadores para cinco anos) iniciáronse en 2001 con convocatorias de 780
prazas anuais. O ano pasado nin sequera houbo convocatoria e para este
adxudicáronse só 175 postos.
A historia de Nuria Martí non é moi distinta.
Traballaba no Centro de Investigación Príncipe Felipe de Valencia, pero os
recortes desembocaron nun ERE no que resultou afectada. Aquí tamén o tallazo
foi espectacular. O Goberno valenciano reduciu á metade en 2011 o orzamento
deste centro, que pasou de 9,8 millóns de euros anuais a 4,6. O despedimento
deixou a 113 traballadores na rúa, moitos deles investigadores con evidente
talento e forzou o peche de 14 dos 26 laboratorios existentes. A bióloga pediu
traballo na Universidade de Saúde e Ciencia de Oregón e déronllo. Alí traballa
agora e alí participou xustamente nun dos máis espectaculares avances da
biomedicina dos últimos tempos: a obtención mediante clonación de células nai
humanas, un fito histórico da historia da ciencia.
A educación e un alto e sostido investimento
en I+D+i (investimento, desenvolvemento e innovación) son claves para a
economía dun país, especialmente se este non dispón doutras fontes naturais de
riqueza. Pero este Goberno (e con el as grandes empresas públicas e privadas)
non parece disposto a modificar esta pobre estrutura, cunha baixa intensidade
de investimento tanto público como privada en I+D+i e unha alta proporción de ingresos
provenientes do turismo e o ladrillo. Os recortes en Educación e investigación
son os primeiros que acometeu, torpedeando as humildes melloras rexistradas nos
anos precedentes.
A única receita do Goberno para sacar a España do coma económico no que
está sumida é a reforma laboral. Despreza outras ferramentas como a reforma da
Administración, colonizada polos políticos, ou liñas financeiras que si hai
para outros sectores, como o do automóbil, no que España non dispón de patentes
e, por tanto, do valor engadido que enriquece a un país. E o caso é que, como
di Joan Guinovart, director do Instituto de Biomédica, para incentivar a
investigación non fan falla grandes sumas de diñeiro. O que fai falla, creo eu,
é unha visión de longo alcance. Pero diso tamén carecemos.”
Este artigo foi publicado no pariódico dixital
“El País”, baixo o título ¿Qué necesita
tanto talento?.Foi escrito por Gabriela Cañas, e gustaríame invitar a todo
o que lea o meu post a reflexionar. Reflexionar sobre a nosa situación, a dos
estudantes que vemos cada día noticias como a destes xóvenes científicos, e
tamén vemos aumentada a cifra dos novos emigrantes. Reflexionar e ver que,
cando un rapaz deixa os seus estudos, ou non os deixa pero non busca dar o
mellor de sí, non nos debería extrañar, porque a realidade non é a que nos
pintaban hai uns anos, cando nos dicían que con estudar xa o tiñamos todo
arranxado. Agora non. Agora, para traballar en España tes que ter “contactos”,
ou se non, por moito que traballes no CERN, ou porque esteas buscando a cura ó
mal do século XXI, aquí non vas traballar.
Fontes:
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/05/19/actualidad/1368981461_645043.html
Mauro Rivas Ferreiro, 1º C