O estudo estivo baseado en resonancias magnéticas aplicadas a pacientes
afectados polo síndrome de Crushing, unha enfermidade rara na que o propio
organismo produce un exceso de cortisol. As persoas sometidas a este estudo
estaban xa curadas e, aínda así, observouse que se producira unha redución da materia
gris nesa zona cerebral, o que provocaba perdas de memoria.
Este
trastorno neuronal explícase porque diminúe o metabolito N-acetilaspartato (o
que indica que a materia gris está danada) e aumentan o glutamato e a glutamina
(o que demostra que a materia branca do cerebro crece como mecanismo de
compensación). O feito de que os pacientes estivesen curados demostra que o
dano causado pola hormona do estrés é irreversible.
A relación
entre esta patoloxía e a perda de memoria xa se estudara anteriormente en
animais, pero nunca en humanos. Este estudo abre novas vías de investigación como comprobar os danos que produce o estrés crónico diario ou facer un seguimento dos pacientes que se tratan con altas doses de fármacos glucocorticoides, como a cortisona, xa que imitan a acción do cortisol.
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A