domingo, 5 de mayo de 2013

Unha "pegada datilar" de cada persoa no seu aliento?

Unha nova investigación suxire que o aire exhalado

por unha persoa ó respirar contén unha "pegada datilar" química que é exclusiva de cada persoa e que reflexa o seu estado de saúde. Se esto se confirma, sería factible valerse desta "pegada datilar" para diagnosticar enfermidades basándose no análisis químico do aire exhalado polo paciente ó respirar, empleando métodos moi sensibles e precisos.


Os fluxos corporais conteñen moita información sobre o estado de saúde dunha persoa. Os médicos utilizan de forma rutinaria os análisis de sangue e orina para detectar eventuales indicios de enfermidades infeciosas ou metabólicas, para diagnosticar enfermidades de todo tipo, dende cancro ó mal funcionamento dun órgano, e tamén para verificar as dosis realmente tomadas dos medicamentos, basándose na presencia e abundancia destos compostos nos fluxos corporais.

Investigadores do Instituto Federal Suizo de Tecnoloxía e do Hospital Universitario de Zúrich, propoñen extender tales análisis máis aló dos fluxos corporais tradicionais, alcanzando ese campo descrito do análisis do aire exhalado ó respirar, aproveitando modernos métodos analíticos de alta resolución que poden proporcionar información en tempo real sobre a composición química dunha mostra de aire.

Estos científicos desenrolaron unha versión basada nuns instrumentos científicos que foron coñecidos durante moito tempo na medicina china tradicional. Tamén sábese que os cans adiestrados, poden distinguir no aliento dunha persoa diferencias que dependen de si esa persona está sá ou padece dalgún certo tipo de cancro.

O equipo de Renato Zenobi planea perfeccionar artificialmente esta capacidade de detección, de tal modo que a tecnoloxía preparada específicamente para este menester, permita identificar con gran certeza os compostos químicos presentes no aliento das persoas. Gracias a elo, os médicos deberían poder valerse de compostos específicos presentes no aliento en concentracións diminutas pero delatadoras, para facer diagnósticos.


FONTES:  http://www.ethlife.ethz.ch/archive_articles/130404_breathprinting_fb/index_EN

Atopan posibles restos do meteorito de Tunguska

Un científico ruso afirma que atopou tres fragmentos do obxecto que provocou o maior impacto contra a Terra que recordan os libros de Historia.


O 30 de xuño de 1908, unha poderosa explosión rompeu os ceos de Tunguska, unha remota rexión de Siberia. A explosión, de ata quince megatóns (mil veces máis potente que a bomba de Hiroshima) derribou preto de 80 millóns de árbores nunha área de 2.000 km cadrados e tumbou carruaxes e persoas a 500 km de distancia. Un puñado de veciños das localidades cercanas foron testemuñas do evento, que provocou, segundo os rexistros históricos, unha morte (só unha, porque a zona estaba deshabitada). Durante varias noites despois, unha extraña luz iluminou o norte de Europa e Rusia.

Os científicos cren que o culpable do que se coñece como o «evento Tunguska» foi un cometa ou un asteroide que impactou contra a atmosfera da Terra. Ao facer contacto, a rocha estalou en mil pedazos, o que podería explicar o motivo polo que non deixou un gran cráter no chan. 
Pero... un suceso así provocaría a caída de moitos meteoritos. Por que nunca se atopou ningún?

Andrei Zlobin, da Academia de Ciencia de Rusia, encontrou tres rochas da rexión de Tunguska que parecen ser meteoritos. Segundo explica en Arxiv, o arquivo online para borradores científicos que administra a Universidade de Cornell, en 1988 comenzou a buscar os fragmentos no terreo sobre o que estalou a rocha espacial pero non encontrou nada. Así que, sen darse por vencido, explorou o leito do río Khushmo. Alí recolleu un centenar de pedras interesantes e levounas ao seu laboratorio de Moscú. 


 
O científico non debía estar moi ansioso por saber que é o que encontrara ou algo  llo impediu (quizais os cambios na Unión Soviética ocorridos nesa época), porque esperou vinte anos para examinar as rochas. En 2008, distinguiu tres delas coas impresións que existen na superficie dos meteoritos que arderon ao penetrar a gran velocidade na atmosfera. Zlobin analizou os aneis das árboles da zona para coñecer que temperatura provocara a explosión e chegou á conclusión de que esta non era o suficientemente quente como para fundir as rochas sobre a superficie, así que Zlobin concluiu que os fragmentos con marcas de calor tiñan que pertencer ao obxecto chegado do espazo ese día. O investigador cre que podería tratarse dun cometa, aínda que todavía non levou a cabo análises químicos das rochas, o que aclararía moitas dudas.

De momento, o único que podemos facer é esperar a que se resolva este misterio científico do século pasado.

Enlaces:



http://informe21.com/ciencia-y-tecnologia/fragmentos-de-roca-hallados-desvelan-el-misterio-del-meteorito-de-tunguska


Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D

A enerxía eólica, primeira fonte de electricidade en España durante o último semestre

   A enerxía eólica acaba de completar un novo avance das renovables dentro do conxunto enerxético español. Durante o período que vai dende  o 1 de novembro ó 30 de abril, converteuse por primeira vez na primeira fonte de electricidade, según indica a Asociación Empresarial Eólica (AEE) que realizou as súas estimacións a partir dos datos da Rede Eléctrica de España (REE).
En concreto, estes muíños de vento do século XXI subministraron un 25% da electricidade demandada polos consumidores do mercado nacional neste período e xeraron 31,7 teravatios hora (TWh), suficientes para abastecer de electricidade a 18,1 millóns de fogares. O subministro eólico por si só atendería a demanda de todas as familias españolas xa que no noso pais segundo o INI hai 17 millóns de fogares.
Estes datos fan referencia exactamente a cinco meses do período sinalado, xa que no mes de abril houbo importantes limitacións por parte do Goberno na produción deste tipo de enerxía. Estas restricións adoitan adoptarse para abaratar a factura do pago das primas á electricidade xerada no Réxime Xeral, onde se encadran as fontes de enerxía renovables. As abundantes chuvias do mes de marzo e abril, que obrigaron a desencorar os pantanos  e o continuo descenso da demanda de electricidade apoiaron estas limitacións. Dende principios de ano recortouse a produción nun 3%, situación preocupante para á organización empresarial que pide explicacións de por que a eólica  ten que ser a tecnoloxía máis recortada.
A maior participación desta enerxía renovable no sistema eléctrico contribúe á caída de prezo do megavatio hora. Abril marcou o prezo mensual máis barato para este tipo de enerxía dende que se liberalizou o mercado enerxético no 1998, 38,32€/MWh.




Fontes de información:
http://www.somoseolicos.com/2013/noticias/la-eolica-ha-sido-por-primera-vez-la-principal-fuente-de-electricidad-de-espana-durante-un-semestre-completo/

Iago Rodríguez Peña 1ºBACH A

A PELÍCULA MÁIS PEQUENA DO MUNDO

 Os científicos de IBM presentaron esta semana " a película máis pequena do mundo", unha película que aínda que resulte sorprendente, ten ós átomos por protagonistas. 
   Unha obra revolucionaria realizada cun microscopio que mostra os movementos de átomos aumentados 100 millóns de veces. 
   O film titúlase " A Boy and His Atom" ( Un niño y su átomo) e relata a historia dun ha pequena persoaxe que xoga cun átomo, ó que sigue nos seus movementos bailando e saltando, para explicar a ciencia dunha forma pedagóxica. 
   Según explicou Andreas Heinrich, científico de IBM,  "esta película é unha maneira divertida de compartir o mundo á escala atómica, permitindo abrir o diálogo con estudiantes ou outros sobre as novas fronteiras das matemáticas e a ciencia". 


   

   A cortametraxe, que foi realizada coa técnica " slow-motion", dura aproximadamente un minuto e medio e está composta por 242 fotogramas. Cada un dos seus cadros mide tan só 45 por 25 nanómetros, o que equivale nin máis nin menos que á milmillonésima parte dun metro. 

   Para realizar o film, os átomos foron desplazados coa axuda dun microscopio preparado hai algúns anos por IBM, una invención que lles valeu o Premio Nobel ós seus diseñadores.  
   O  aparato non parece un microscopio tradicional, xa que pesa dúas toneladas e opera a unha temperatura de -268º C.  É capaz de ampliar 100 millóns de veces os obxectos colocados na placa. Utiliza unha augulla extremadamente fina, sobre unha superficie de cobre, para atraer ou rexeitar os átomos e as moléculas ata un lugar preciso. 
   A película foi certificada polo Libro Guinness dos récords como a máis pequena de animación do mundo. 
 Enlaces:







Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"