Para realizar
este estudo, Ana Isabel Flores, investigadora principal, explica que o seu
equipo recolleu placentas de recén nacidos inmediatamente despois do parto. Despois
procesou as placentas no laboratorio, illou
as células e as colocou en diferentes cultivos para estudar como se transforman
en outros tipos celulares.
Así o cultivo in vitro das células nai mesenquimales
nun medio con proteínas presentes de forma natural no fígado permite que podan converterse
en hepatocitos e formar unha estrutura semellante a un pequeno fígado de
apenas medio centímetro de grosor chamada hepatosfera. Esta ten a
actividade propia dun fígado producindo albumina,
a proteína que permite a distribución correcta dos líquidos corporais no
organismo.
A investigación
permitirá nun futuro mellorar as condicións de pacientes transplantados como
daqueles que están en lista de espera, xa que o transplante de hepatosferas mellorará
a adherencia e permanencia do enxerto unha vez trasplantado, así como a rexeneración
do fígado. Flores tamén sinala que este estudo é unha ferramenta moi
importante para futuras terapias celulares e xenéticas, e que nalgúns casos está
moi cerca o salto do laboratorio á clínica.
Este mesmo equipo,
demostrou noutro estudo publicado na revista 'Cancer Gene
Therapy', que o uso distas células mesenquimales de placenta
ralentizan o crecemento dos tumores de mama e retrasa a aparición de tumores
secundarios. “Estas células poden servir como axente terapéutico en cancro de mama,
xa que diminúe a aparición de metástases” sinala Flores, que xa está realizando
estudos con animais.
Fontes de
información:
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A