jueves, 4 de abril de 2013

España TEN recursos para a investigación: O Mare Nostrum


Barcelona Supercomputing Center - Centro Nacional de Supercomputación (BSC- CNS) ten  unha dobre función: por un lado é un centro de investigación formado por máis de 300 científicos e  por outro ofrece servizos de supercomputación a toda a comunidade científica. Está dirixido polo catedrático Mateo Valero e ubicado en Barcelona. Creouse o 1 de abril do 2005, sendo un consorcio entre o Ministerio de Ciencia e Innovación de España (51%), Generalitat de Catalunya (37%) e a Universidade Politécnica de Catalunya-UPC (12%).

Neste centro hai varios supercomputadores que ofrecen as súas capacidades a comunidade científica, pero o  seu emblema é o supercomputador situado dentro da antiga capela en Torre Girona, o MARE NOSTRUM, que empezou a funcionar ó inagurarse o centro no 2005, sendo  nese momento o de máis capacidade de cálculo de toda Europa.
                                                        
     Ó ano seguinte,  no 2006, actualizouse co Mare Nostrum 2, chegando a ocupar o 5º posto no prestixioso ranking mundial Top500. A estratexia inicial do BSC-CNS era renovar o supercomputador cada dous anos, pero por mor da crise o Mare Nostrum 2 chegou ata o outono do 2012, caendo durante os 6 anos de funcionamento ó posto 465 do ranking.
     
    En novembro do 2012 empezou a computar  unha  nova versión 12 veces máis potente que o seu predecesor, O Mare Nostrum 3, que a medio instalar, só co 70% da potencia total, saltou ó posto 36 do mundo e ó 12 de Europa. Non se buscaba un procesador que ocupara os primeiros postos do ranking, senón unha máquina máis útil para os investigadores.  Unha vez completada cos 6000 chips Intel de 2,6 GHz, comezou a ofrecer á comunidade científica unha capacidade de cálculo de 1 petaFLOPS  por segundo, unidade equivalente a mil billóns  de operacións por segundo. O resto do seu potencial foi instalado durante o mes de febreiro do 2013, pero por discrepancias entre o goberno de España e a Generalitat de Cataluña, ambos financiadores do superordenador,  o BSC-CNS mantén case en silencio os seus avances.
      Hai varias razóns detrás do  financiamento da construción deste superordenador. Ademais de crear riqueza e de que a máquina participe na mellora da vida dos cidadáns, España comprometeuse  a participar na rede europea de supercomputación, PRACE, co fin de paliar o retraso neste campo respecto  a EEUU e así favorecer o desenvolvemento científico e tecnolóxico de Europa.
    Científicos do noso país e de fóra del presentan os seus proxectos ante o Comité de Selección, formado por 44 científicos que avalían a calidade dos proxectos e deciden cales se executarán no Mare Nostrum.
    Con este superordenador realízanse multitude de investigacións agrupadas en catro apartados:

  •    Ciencias da Computación : En busca de aplicacións para a construción de novos computadores, tanto a nivel de superordenadores, como a nivel de ordenadores persoais ou dispositivos móbiles. Un dos proxectos estrela é o de de Álex Ramírez e o seu equipo, a construción dun superordenador feito con móbiles e tablets, o Montblanc, que ó non requentarse  e apenas conectarse á rede eléctrica, é máis eficiente que os PC tradicionais.
  •     Aplicacións computacionais en ciencia e enxeñería :

          - Mellorar, xunto con Iberdrola, o deseño dos muíños de vento a partir de simulacións informáticas da interacción entre os fluxos de aire e as turbinas.
          -Mellorar a detección de depósitos de hidrocarburos e  a súa explotación. Grazas a un simulador do fondo marino para a busca  de xacementos petrolíferos, Repsol incrementou xa en 25% o éxito destas carísimas prospeccións.
        -O multipremiado proxecto Alya Red, simula a nosa función cardíaca, moi útil para a investigación clínica , e permite anticipar cómo reaccionariamos ante un novo fármaco.   
  •    Ciencias da Vida : cómo actúan as  proteínas no interior das células ; desenrolar proxectos de xenómica, dinámicas das rutas metabólicas...  En 2007, expertos do Institut de Recerca Biomédica de Barcelona e do propio BSC completaron o maior catálogo de proteínas do mundo, mostradas por primeira vez en 3D e en vídeo.Outro dos logros desenrolado por científicos españois é  a secuenciación do xenoma das células da leucemia, destinada a mellorar o tratamento desta enfermidade e a vida das persoas.

  •      Ciencias da Terra : Mellorar a predición meteorolóxica, o cambio climático, a calidade do aire...     Un dos estudos neste campo, é o de Manel Perucho e os astrofísicos da Universidade de Valencia, que tras 800.000 horas de cálculo, comprobaron cómo o quecemento  do entorno das galaxias reduce a formación das estrelas.
     Despois de todo isto, debemos decatarnos de que dispor deste superordenador no noso país, non só frea a fuga de cerebros, senón que atrae a outros de fóra.


Vídeo informativo do BSC-CNS







Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Os soños, soños son


O mundo dos soños resultanos algo inquietante e ao mesmo tempo afastado do coñecemento. Algo confuso do que non se pode chegar a saber demasiado con absoluta certeza, pero equivocamonos. Yukiyasu Kamitani e demais compañeiros do Laboratorio de Neurociencia Computacional de Tokio afirman encontrarse un paso máis preto da comprensión deste ámbito, grazas ao seu deseño dunha especie de “dicionario onírico”. Trátase dun aparato capaz de traducir a actividade cerebral das persoas mentres estas durmen.  Os individuos colócanse nun tubo de resonancia magnética, e unha vez que alcanzaron o sono, son despertados bruscamente, dispondose a continuación a contar o que estaban a soñar no momento. O proceso repetiríase 200 veces. A continuación búscase a relación entre os elementos presentes no relato dos voluntarios e a actividade do córtex cerebral rexistrada, chegando a acadar unha fiabilidade dun 60%.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/04/actualidad/1365090904_485210.html

En busca do primeiro ciborg para acabar co evellecemento

Una nueva raza humana mejorada es uno de los grandes sueños del multimillonario ruso Dmitry Itskov que va a desarrollar en un proyecto que durará hasta 2045 un nuevo ser, un cíborg.
Para conseguir la inmortalidad el proyecto se desarrolla en cuatro fases, la primera de 2015 a 2020. En ella se desarrollará un cuerpo de robot controlado por una interfaz cerebro-ordenador que facilitará el trabajo del sujeto en entornos peligrosos o situaciones extremas.

En el siguiente punto, de 2020 a 2025, rescatarán el cerebro de un humano fallecido para insertarlo en un cuerpo creado. De 2030 a 2035 la inmortalidad irá tomando forma en el desarrollo de un cuerpo prefabricado con un cerebro también prefabricado.

La última fase se realizará en 2045, para cuando se ha fechado el segundo congreso internacional Global Future. Ese año la nueva raza estará creada.
A web do proxecto é: http://2045.com/