miércoles, 27 de noviembre de 2013

Outro xen que engorda


Está claro que as epidemias de obesidade teñen moito que ver cos malos estilos de vida das sociedades máis avanzadas (dietas excesivas en calorías xunto con pouco exercicio). Aínda así depende tamén en gran parte dos factores xenéticos. Algunhas persoas engordan sen case intentalo e outras parecen que poden comer  todo o que queiran sen medo ao sobrepeso. A revista Cell publicou recentemente unha investigación  que parece ter atopado un destos xenes.
O xen é chamado KSR2 e ten aos científicos intrigados porque cando se anula ese xen nos ratóns de laboratorio os animais aumentan moito a inxesta de alimento e ademais reducen o seu metabolismo, conduciendo ao desenvolvemento de obesidade. para conprobar o seu efecto en humanos observaron toda a secuencia de nucleótidos deste xen en máis de dous mil nenos que padecían sobrepeso a unha idade moi temprana. En 45 nenos atoparon algunha variante que anulaba o xen, cun aunmento do apetito, resistencia a insulina e un metabolismo máis baixo do normal e ao estudar os seus efectos sobre as celulas humanas máis a fondo, observaron que tamén reduce a capacidade de quemar glicosas.
Este descubrimento ten implicacións terpéuticas xa que se comprobou que as células con esta mutación responden ben ao tratamento con metformina, utilizada para tratar a diabete. 
O máis interesante é que so un 2% da obesidade infantil está causada por esta alteración. Estarán o resto dos casos causados tamén por mutacións en xenes semellantes todavía non descubertos?


Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

No hay comentarios: