miércoles, 20 de noviembre de 2013

IDENTIFICAN UNHA ENCIMA ANCESTRAL QUE FACILITA A REPARACIÓN DO ADN

O estudo publícase na revista “Nature Structural and Molecular Biology”

A enzima humana PrimPol, presente en organismos como as arqueobacterias, favorece a reparación do ADN cando hay dano. Dita enzima permite ás células facer copias do seu ADN aínda que esté danado e evita roturas nos cromosomas.

O proceso de replicación do ADN é moi delicado, xa que pode xerar graves alteracións no material xenético asociadas á transformación tumoral ou do envellecemento.

Investigadores do CNIO (Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas) descubriron como unha nova encima humana, a proteína PrimPol, é capaz de recoñecer lesións no ADN e facilitar a súa reparación durante o proceso de copia, evitandp así danos irreversibles e fatais para as célula e, polo tanto, para o organismo.

“Cando unha ADN polimerasa se encontra cun obstáculo no ADN (por exemplo, unha alteracón química introducida pola radiación ultravioleta da luz solar), a copia interrómpese e prodúcese unha parada ata que se repara o error”, explica Juan Méndez, xefe do grupo de Replicación de ADN.

A nova investigación demostra que a encima PrimPol recoñece as lesións e sáltaas, de modo que serán reparadas cando finalice a copia.


Esta encima pode producir mutacións, as cales poderían ter un impacto sobre o envellecemento das células e o desenvolvemento do cancro.

Identificada e caracterizada esta nova proteína no ser humano, os investigadores avanzan que xa están estudando o seu papel no desenvolvemento de enfermedades.



Alba Álvarez Pacios
1ºBACH. A

No hay comentarios: