sábado, 23 de noviembre de 2013

España, líder en consumo de alcohol, tabaco, cocaína e cannabis, é o segundo país da UE coa esperanza de vida máis alta.


A esperanza de vida dos españoles chega ós 82,4 anos, por detrás dos italianos (82,7) segundo informa a OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) no seu informa 'Panorama da Saúde'. E todo isto, mentres España se mantén entre os principais consumidores de cocaína, cannabis, alcohol e tabaco.


Países membros da OCDE
España aumenta a esperanza de vida, que fai 10 anos situábase en 72,4. É a primerira vez que se alcanza unha cifra superior ós 80 anos, as mulleres españolas vivirán seis anos máis que os homes, e a diferencia cos demais países desenrolados será de 5,5 anos.

Ó mesmo tempo, España é o principal consumidor da UE de cocaína e cannabis. En canto a consumo de tabaco a porcentaxe de adultos fumadores é de un 23,9% fronte á media de 20,9. Ademáis, un 76,7% da poboación do noso país bebe alcohol.

Ademais segundo un estudio, en 2012 España, xunto con Grecia, Eslovenia, Bulgaria e Xapón foi un dos maiores consumidores de cigarrillos do mundo, con 2357 unidades ó ano, é dicir, 6,46 cigarrillos/día. Tamén ocupa a media mundial con 108 litros por habitante ó ano, que serían dous litros á semana.

Referente ó consumo de cocaína, estímase que 2,5 millóns foron xóvenes europeos, dos cales o 4,2 eran de Reino Unido e o 3,6 de España. Respecto ó cannabis, uns 15, 4 millóns de europeos o probaron al menos unha vez neste ano. España sitúase no terceiro posto co 17%.

Referente ó consumo de cocaína, estímase que 2,5 millóns eran europeos xóvenes, dos cales o 4,2% eran de Reino Unido e o 3,6% de España.

O INFORME DA OCDE

As conclusións do estudo son que, o estado de saúde dos españoles é bo.

-A mortalidade infantil atópase por debaixo da media, 3,2 por ano por cada 1000 nacidos, fronte ó 4,1.

-Respecto ós accidentes de tráfico, España conseguiu disminuir o 75% fronte ó 50% do resto dos países.

-Un indicador para medir a atención ós procesos crónicos son as tasas de admisións hospitalarias por asma ou diabetes. En España, por asma, a cifra é de 40 por cada 100000 habitantes, por baixo dos 50 de media. E por diabetes, é de 100, fronte ós 150.

Para máis información sobre o estudo da OCDE, aquí.


FONTEShttp://www.publico.es/483882/espana-a-la-cabeza-en-consumo-de-alcohol-tabaco-cocaina-y-cannabis-tiene-la-segunda-esperanza-de-vida-mas-alta-de-la-ue


                                         PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A

No hay comentarios: