jueves, 14 de noviembre de 2013

Descuberta a composición do interior do chorro dun burato negro.

Un equipo de investigadores da Universidade de Barcelona, o Observatorio Europeo Austral (ESO) e a Universidade de Curtin (Australia) determinaron a existencia de partículas subatómicas chamadas bariones nun jet ou chorro de materia, ademáis de calcular a súa velocidade.

Representación da formación do chorro dun burato negro.


Estes chorros ou jets foron estudados durante décadas, pero aínda se descoñece a súa composición. "A pesar de que se observaron durante décadas, aínda non estamos seguros de que están feitos ou o poderosos que son", di a autora María Díaz Trigo.
O equipo analizou as ondas de radio e os raios X emitidos por un burato negro do sistema 4U 1630-47, un sistema binario, é dicir, no cal un burato negro orbita xunto a unha estrela.
Este burato negro é coñecido por ser activo, pero as observacións de raio do equipo non mostraron chorros e o espectro de raios X non revelou nada anormal.
Non obstante, unhas semanas máis tarde, este grupo de astrónomos volveu analizalo e, esta vez, viu as emisións de raio correspondentes á aparición destes jets e apareceron liñas no espectro de raios X, o que indicaría a presenza de outras partículas.

Ademais, cren que os chorros son impulsados polo disco de acreción do burato negro -un cinto de gas quente que xira arredor do burato negro- o que explicaría que producise chorros que conteñen partículas de luz. 

Os investigadores xa sabían dende hai décadas que os buratos negros conteñen electróns, pero agora encontraron a primeira evidencia de átomos pesados, como o ferro e o níquel. Cando unha partícula masiva se move leva consigo máis enerxía que unha partícula máis lixeira que se move á mesma velocidade. Isto explicaría porque son tan poderosos.
Por último, tamén mediuse a velocidade dos chorros, que sería dous terzos da velocidade da luz, aproximadamente 198000 km/s.
                                     PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A


No hay comentarios: