lunes, 18 de noviembre de 2013

NASA revela as primeiras fotografias da formacion da Via Lactea

O telescopio Hubble permitiu aos investigadores da NASA estudar como a estrutura da Vía Láctea cambiou co tempo. Os astrónomos utilizaron o telescopio espacial para estudar a evolución dunhas 400 galaxias similares á Vía Láctea e deste modo observaron a súa aparición en diversas etapas de desenvolvemento nun período de tempo de 11.000 millóns de anos.
Ao analizar as imaxes obtidas, os científicos chegaron á conclusión de que a nosa galaxia probablemente, comezou como un obxecto de cor azul de baixa masa que contiña unha gran cantidade de gas: o combustible para o nacemento das estrelas. A cor azul, neste caso, é un indicador da rápida formación de estrelas.
Ademais, os investigadores encontraron que a Vía Láctea, posiblemente, era un disco plano cun vulto no centro. Ambos os dous creceron de forma simultánea nunha espiral que se pode comtemplar a día de hoxe. O Sol e a Terra residen no disco e o vulto está cheo de estrelas máis vellas e é o fogar dun burato negro supermasivo que probablemente creceu ao longo da galaxia.
"Por primeira vez temos imaxes directas do que a Vía Láctea parecía no pasado", dixo Pieter G. van Dokkum, científico da Universidade de Yale en Connecticut (EUA). "Por suposto, non podemos ver a Vía Láctea no pasado. Seleccionamos as galaxias a miles de millóns de anos luz de distancia que se converterán en galaxias como a Vía Láctea. Ao rastrexar os seus irmáns, encontrámonos con que a nosa galaxia construíu o 90% das súas estrelas fai entre 11.000 millóns e 7.000 millóns de anos, o cal é algo que non se mediu directamente antes».
Todo foi posible grazas ás incribles capacidades do telescopio Hubble, que permitiron que os expertos puidesen observar en detalle estas galaxias e así comprender como cambiou a estrutura da nosa galaxia no tempo.
Segundo explican dende a Nasa, no momento máis importante da formación de estrelas -cando o Universo tiña ao redor de 4.000 millóns de anos-, as galaxias como a Vía Láctea creaban preto de 15 estrelas por ano. En comparación, a Vía Láctea actual só crea unha estrela ao ano.





Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20131115/abci-hubble-revela-primeras-imagenes-201311151052.html


Antía Rodríguez 1ºBach A


No hay comentarios: