miércoles, 27 de noviembre de 2013

A evolución grazas aos factores de transcrición

O CSIC revela que a complexidade dos factores de transcrición foi o que nos fixo evolucionar e o noso pase de organismos unicelulares a pluricelulares.

Os factores de transcrición son unha peza fundamental no desenvolvemento dos organismos. Podemos definilo como proteínas que se unen ao ADN e activan ou reprimen a expresión de xenes.

Grazas a este proxecto sabemos que as plantas e os animais teñen os factores de transcrición máis complexos. Este fenómeno podería deberse a que teñen un desenvolvemento embrionario complexo, o que require máis control, polo tanto, ter máis factores de transcrición.

Despois de todo isto os investigadores observaron como cambian os factores de transcrición ao longo do desenvolvemento. "Nos animais vemos que os factores de transcrición se expresan máis durante o desenvolvemento e menos cando son adultos. En cambio, nas plantas os factores de transcrición seguen activos ao longo de etapas posteriores ao desenvolvemento inicial, probablemente porque a formación de novas estruturas continúa na fase adulta", engade un científico do proxecto.


Os meus compañeiros saberán responderme o que é a transcrición, xa que o demos no tema anterior de bioloxía. Espero a vosa resposta.


AS MIÑAS FOTES DE INFORMACIÓN:
http://www.csic.es/web/guest/home?p_p_id=contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=maximized&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1-2&p_p_col_count=2&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_struts_action=%2Fcontentviewer%2Fview&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_nodeRef=workspace%3A%2F%2FSpacesStore%2Fca72b021-ac25-487f-9e35-dc928b8ae772&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_gsa_index=false&_contentviewerservice_WAR_alfresco_packportlet_title=noticias&contentType=news

No hay comentarios: