miércoles, 19 de junio de 2013

PARABENS!!

O traballo de ALBA CORTÉS COEGO e SARA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ de 1º de Bacharelato gañou o 1º PREMIO DO CONCURSO OCEÁNTICA 13. Grazas a todos/as pola vosa axuda. http://congresooceantica.campusdomar.es/

domingo, 16 de junio de 2013

  PODER NUCLEAR
  A enerxía nuclear é cada vez máis motivo de polémica tanto polas súas consecuencias medioambientais como políticas e sociais. Fixarémonos en dous exemplos, Irán e Africa. Irán co seu programa nuclear acusado de fabricar armamento baixo a apariencia dun programa civil e Africa moi necesitada de enerxía barata e fiable para o seu desenrolo.
   En 1967 Irán e América viviron unha lúa de mel nuclear. Os acordos entre ambos países prevían a construcción de 23 centrais nucleares en Irán. Os americanos pensaron que si os iranís se interesaban pola enerxía nuclear, olvidaríanse un pouco do petróleo. Nin imaxinaban que Irán quixese ter un arma nuclear.

No 2010, os iranís fixeron unha demostración do seu programa nuclear, por primeira vez, estaban en condicións de enriquecer uranio a unha concentración do 20%, nivel que se aproxima ó umbral fatídico que precisa un arma nuclear. A comunidade internacional, con Estados Unidos á cabeza, tiña unha postura moi clara: Había que disuadir ós iranís de fabricar a súa primeira Bomba Atómica, a toda costa.
   Fai case 25 anos que o réxime dos Aiatolás pretende desenrolar armas atómicas baixo a apariencia dun programa nuclear civil. Todo a través do mercado negro e as importacións ilegais.
   O tráfico ilegal de equipamento industrial destinado a un programa nuclear deu lugar a un novo concepto, o material chamado de "dobre uso". Dobre uso porque un perno, unha válvula ou unha tubería poden utilizarse tanto nunha inocente fábrica de alimentación coma nun complexo nuclear.
   Por outra banda, Africa necesita urxentemente enerxía eléctrica barata e fiable para o seu desenrolo, pero en  lugar de utilizar os seus propios recursos como as minas de uranio, vese obrigada a vender as súas riquezas a outros países e ás grandes compañías extranxeiras.
   Aínda que algunhas minas foron pechadas oficialmente en 1961 todavía representan unha ameaza para a seguridade mundial , debido ó seu valor para os terroristas, os estados corruptos e as prácticas ilegais. A recente acción en Mali puxo de manifesto a importancia estratéxica do Sahara como unha fonte importante de petróleo, gas e uranio.
   Dende a década de 1940, Francia, Bélxica e os EEUU loitaron polo acceso ás minas congoleñas que proporcionaron o uranio utilizado para as bombas de Hiroshima e Nagasaki. A maior ameaza, nembargantes, non ven dos terroristas, senon das prácticas realizadas polas multinacionais de Francia, Alemania, Canadá, o Reino Unido e os EEUU.
   A pesar dos riscos do emprego da enerxía nuclear, Africa ve ben a perspectiva de utilizar unha fonte de enerxía aparentemente inagotable, barata e limpa para poder facer fronte a unha demanda de electricidade que aumentará nos próximos anos. Os activistas anti-nucleares en Africa síntense intimidados, perseguidos e a veces asasinados.

Enlaces: 
http://www.rtve.es/television/documentales/la-noche-tematica/
http://www.youtube.com/watch?v=JmKOjgemni8
http://www.youtube.com/watch?v=uHro1K7q4Us

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach A.


sábado, 15 de junio de 2013

Aparece unha bacteria que crece a unha temperatura máis fría ca soportada por calquera outra.



A temperatura no permafrost (capa permanente de xeo no solo de rexións muy frías) dunha  illa   do Ártico Canadiense, é case tan baixa como algunhas superficies de Marte.
Deste xeito, foi fascinante  o atopar unha bacteria capaz de crecer a estas temperaturas (15 graos centígrados  baixo cero, aproximadamente).
Esta singular bacteria, non so é fascinante polo feito de que logra crecer a tan baixa temperatura, senon que tamén nos pistas sobre as condicións de vida microbacteriana en Marte.

Este esquipo de investigadores, dirixido por dous microbiólogos descubriron esta bacteria (Planococcus  halocryophilus OR1) despois de examinar 200 microbios, aproximadamente, na busca do que mellor logra adaptarse.
Pensan que esta bacteria vive entre os canles de auga salgada que discorren no interior do permafrost.
Para saber o que necesita esta bacteria para sobrevivir, o equipo investigou a sua secuencia xenómica, e tamen rasgos moleculares.
Os investigadores encontraron que esta bacteria, logra sobrevivir grazas a unhas modificacións na súa estructura e función celular, e tamén debese a un incremento da cantidade de proteínas adaptadas ao frío.

O ADN humano non pode ser patentado

O tribunal Supremo de EEUU fallou o pasado xoves que os xenes humanos non poden ser patentados: o material xenético extraído do corpo humano non pode ser propiedade de ningún laboratorio ou compañía científica aínda que lograra illalo.
            Con esta decisión resolveuse un litixio coa compañía de biotecnoloxía  Myriad Genetics Inc. que reivindicara a propiedade de dous xenes,  o BRCA1 e  o BRACA2 relacionados cunha maior probabilidade de herdar o cancro de mama ou de ovarios respectivamente.
            Dita compañía, especializada nas probas de ADN, análise que sirve para determinar se unha persoa é xeneticamente propensa a unha enfermidade, patentou a secuencia destes xenes relacionados con tumores malignos nos anos 90, tras illalos e clonalos satisfactoriamente coa colaboración da Universidade de Utah. Tras patentar o seu descubrimento, creou un test médico relacionado coa mutación (BRA Canalysis). Ninguén podía investigar sobre eses xenes nin desenvolver aplicacións médicas. Debido a patente as probas diagnósticas eran, e son, moi caras (ata 4000 dólares) e non están ó alcance de todo o mundo.
            A compañía foi demandada por investigadores de distintas Universidades e pola Asociación para a Patoloxía Molecular (APM) ante o tribunal de Distrito Sur de New York, que lle deu a razón no ano 2010, pero Myriad apelou xa que afirmaban que eles obtiveran o contido xenético asociado ás enfermidades.
            O pasado xoves, a Corte Suprema estadounidense sentenciou que un xene que exista na natureza non é algo patentable. “As leis da natureza, os fenómenos naturais e as ideas abstractas son ferramentas fundamentais para o traballo científico e tecnolóxico que non entran no ámbito de protección das patentes” conclúe a sentenza.
            Sen embargo, o tribunal deixa aberta a porta, a que poida patentarse o ADN sintético “xa que non foi producido de xeito natural”.

Influirá esta decisión en futuras investigacións, como asegura a compañía?


Fontes de información:



Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

Escuros neboiros sobrevoan a ciencia española

Sumándose á crecente insatisfacción e denuncia da comunidade científica española, onte, na prestixiosa revista Science, publicouse unha carta á opinión pública, titulada “Dark Clouds over Spanish Science”, na que tres científicos españois analizan o plan nacional de I+D+i para 2013-2016 realizado polo Goberno de Mariano Rajoy. Nela, maniféstanse e argumentan contra a alarmante política de recortes en investigación e a orientación que lle pretenden dar a uns fondos xa de seu moi minguados.
Así, afirman que  mellorar a I+D privada é benvido, pero redirixir fondos cara á investigación privada e aplicada, xunto cos grandes recortes no orzamento, achega o risco de minar os esforzos por mellorar a investigación básica.
A carta está asinada por tres prestixiosos científicos: Luís Santamaría, presidente da Asociación para o Avance da Ciencia e a Tecnoloxía en España; Mario Díaz, investigador de IMEDEA e presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/Birdlife; e Fernando Valladares, presidente da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre e investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

Prohíbese a amputación de aletas de quenlla

O Consello da Unión  Europea prohibe sen excepcións a amputación das aletas das quenllas. No 2003 xa se prohibira, exceptuando certos casos mediante a concesión de permisos especiais. O antigo regulamento permitía ás flotas de España e Portugal, as únicas que se dedicaban a esa pesca, cortar a bordo dos buques as aletas das quenllas. Unha vez obtida a parte máis valorada do animal, tiraban o resto do corpo. O novo regulamento elimina calquera tipo de excepción e obrigará ós buques pesqueiros a desembarcar todos os exemplares de quenllas con aletas adheridas. Así as aletas e os corpos xa non poderán ser descargados en portos distintos, facilitando a súa detención e control. Os pescadores españois calculan que este cambio lexislativo ocasionará unha perda de entre 9 e 10 millóns de euros ó sector.

Tanto as quenllas como as raias son especies moi vulnerables á sobreexplotación e nos últimos anos algunhas poboacións destes peixes víronse en perigo pola súa alta demanda en países asiáticos, para a cociña ou elaboración de remedios tradicionais. A asociación a favor dos animais Humane Society International celebra a aprobación desta nova lei, xa que elimina esas “lagoas” lexislativas da de 2003. A súa directora, Joanna Swabe, por medio dun comunicado expresa a súa satisfacción e aproveita para subliñar que decenas de miles de quenllas morren ó ano nos océanos debido a este tipo de pesca. Recorda ademais que a UE é un dos maiores exportadores de aletas a Asia, pese a que un terzo das quenllas e raias están consideradas en perigo de extinción pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Fontes de información:http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/07/natura/1370598056.html

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

viernes, 14 de junio de 2013

Agricultura ecolóxica, é tan ecolóxica?



España é o maior produtor de agricultura ecolóxica de Europa, e ó mesmo tempo é un dos que menos consumo fai dela. É unha curiosa paradoxa que fai que un se pregunte: por qué? A resposta maioritaria é o seu elevado prezo.
Existe unha explicación. A agricultura ecolóxica non é máis que un negocio, a imaxe bucólica de campos verdes que nos vén á cabeza ó falar dos produtos “bio” non é máis que froito do márketing. Por iso non nos debe extrañar ver cultivos ecolóxicos cubertos de plásticos, ou a agricultores “bio” usando fertilizantes. Teñen que manter dalgunha maneira ás súas plantas, e facelas competitivas ante as multinacionais de cultivos convencionais. Cal é a diferenza, entón, para que sexan máis caros? Sinxelo. Un bioagricultor, para manter sans os seus cultivos, usa fertilizantes producidos ecoloxicamente, que conteñen os mesmos factores que os que usan nos cultivos convencionais, pero coa diferenza de que os primeiros obtéñense da materia orgánica ecolóxica, e os segundos da minaría, de transxénicos… Os biofertilizantes son polo tanto máis caros, e iso fai que o agricultor teña que encarecer o produto, e tamén o teñan que subir de prezo as distribuidoras. E todo iso sucede por culpa das grandes multinacionais de agricultura convencional, que son as produtoras de fertilizantes, tanto ecolóxicos como non, e que encarecen en exceso ós primeiros para que a xente non deixe de mercar os produtos convencionais.
Entón, resulta a agricultura ecolóxica tan idílica como nola fan ver? Deixo este vídeo, que ó mellor aclara algunhas dúbidas. 








Mauro Rivas Ferreiro, 1º C


Fontes:
http://www.rtve.es/television/20130528/cosechas-etiqueta/673900.shtml

Descubren un novo e raro tipo de estrela

Os astrónomos encontrárona debido as diminutas variacións no seu brillo.
Un equipo de astrónomos descubriu un novo tipo de estrela variable gracias as diminutas variacións no seu brillo. A ferramenta usada foi o telescopio suizo chamado Euler, de 1,2 metros, instalado na Silla, en Chile. As observacións feitas revelan propiedades ata agora descoñecidas de esas estrelas que desafían as teorías vixentes.

Os resultados foron posibles tras as medidas regulares de brillo de más de tres mil estrelas do cúmulo estelar aberto chamado NGC 3766, durante un periodo de máis de sete anos. NGC 3766 encóntrase a 7.000 anos luz da Terra, na constelación denominada Centaurus, e que se cree que tén 20 millóns de anos de antiguidade.

Fontes de información:

 David Campo Fdéz, 1ºBach A