miércoles, 24 de octubre de 2012

O bilingüísmo retrasa o Alzeimer

Falar dous idiomas ten moitas vantaxes, iso xa o sabiamos, pero agora temos que sumar unha máis, a  que acaba de descubrir a neurocientífica Ellen Bialistok da Universidade de York, en Toronto (Canadá), que despois de anos de investigación afirma que as persoas que falan dúas linguas teñen unha mellor capacidade cognitiva que os monolingües ademais de que nelas enfermidades tan terribles coma o Alzeimer retrasan a súa aparición. A explicación é bastante fácil pois ao empregar dúas linguas temos que estar escollendo continuamente entre as dúas centrándonos ou nunha ou noutra polo que o cerebro realiza un esforzo maior e ao igual ca un musculo, o cerebro desenvólvese utilizándoo. Os estudos realizados a anciáns demostraron que os anciáns bilingües teñen unha mellor función cognitiva que os monolingúes ademais de que neles os síntomas da enfermidades aparecían uns catro ou cinco anos máis tarde. É dicir,  unha vez instalada a enfermidade as persoas que son bilingües poden continuar funcionando a un nivel alto durante catro anos máis ,o que non ocorre nos que son monolingües.  Os bilingües e os monolingües teñen conexións cerebrais diferentes e mentres un bilingúe utiliza unha para facer unha tarefa o bilingüe emprega varias ,por iso son tamén máis rápidos á hora de realizar test. Eso si, non basta con falar de cando en vez unha lingua ou outra senón que hai que empregalas continuamente.


Brais Casas Fernández 1º Bach D