domingo, 17 de junio de 2012

China pon a súa primeira muller en órbita.


Liu Yang,unha astronauta china de 33 anos forma parte xunto con outros dous astronautas da tripulación que levará ao foguete Shenzhou 9 a axustarse por primeira vez ao módulo espacial Tiangong 1.

A nave despegou o pasado sábado da base do deserto de Gobi. Esta é a cuarta misión espacial china tripulada e é o proxecto espacial nacional máis ambicioso ata a data.

O goberno espera que Liu mellore a eficiencia da tripulación debido a que “As mulleres astronautas teñen máis posibilidade psicolóxica e   maior habilidade para xestionar a soidade”,di o Goberno chino.

Aínda que o ano pasado xa aparecera o seu nome na firma dun sobre conmemorativo das súas clases de astronauta,ela pasaba por unha completa descoñecida debido a que non participaba en feiras locais ou mostras aéreas internacionais.
A súa elección foi dada a coñecer uns días antes do despegue debido a que estaban entre dúas candidatas.

Lui sumarase a partir de agora á lista de máis de cincuenta mulleres astrounautas que ascenderon ao espazo desde que o fixo a rusa Valentina Tereshkova en 1963.




Paula García Losada nº11 1ºBachillerato E