A
enerxía de fusión é a que utilizan as estrelas para manterse activas e, de
poder ser levada a cabo a grande escala podería supoñer unha fonte de enerxía
segura, limpa e practicamente inesgotable.
Dous
investigadores da Universidade de Princeton anunciaban unha posible solución ao
desenvolvemento da fusión como fonte de produción de enerxía eléctrica en todo
o mundo.
Traballos no reactor ITER en Cadarache . |
De
momento, só se conseguiu de forma experimental, en pequenas cantidades e cun
gran custo económico.
Ao
contrario da enerxía nuclear o proceso de fusión une partículas de hidróxeno en
vez de dividilas, ata que se converten en xeo, a temperaturas moi altas que
poden superar os cen millóns de graos. Un reactor de fusión utiliza campos
magnéticos para confinar o plasma no seu interior, polo que o solenoide
central, (dispositivo que crea ese campo magnético para manter o seu interior a
100 millóns de graos, que consta de varias bobinas xigantes amoreadas unha
enriba doutra) resulta indispensable para acender e dirixir a corrente de
plasma.
O
problema reside en fabricar un reactor que conteña o plasma a altas
temperaturas, absolutamente necesarias para que o proceso funcione. Agora, un
equipo da Universidade de Tennessee, en Knoxville (EUA), probaron con éxito
unha tecnoloxía que poderá illar as mil toneladas do solenoide central.
Os
seus responsables esperan que a grande infraestrutura comece a operar en 2020 e
que a enerxía de fusión sexa masiva antes de 2040. Os seus partidarios aseguran
que é unha enerxía limpa, que apenas ten riscos, abundante e que pode durar
millóns de anos.
Abraham Otero Fernandez 1ºD nº22