miércoles, 7 de marzo de 2012

Descubrimento dun tratamento para non engordar, vivir máis e estar inmune do cáncer.

Manuel Serrano, xefe do equipo de investigación, xunto a Ana Ortega, autora principal.


Unha terapia logra que a graxa non se almacene e se transforme en enerxía.

Vivir máis, comer sen preocuparse a engordar e protexidos frente o cáncer sería estupendo. Investigadores españoles do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) deron un paso na búsqueda dun fármaco que permitiría queimar as calorías sobrantes, previr a aparición de tumores e prolongar a media de vida en 12 años máis. Esa píldora “milagrosa”, de momento, solo se probou en ratóns, pero abre unha nova vía de investigación para ataxar gran parte das doenzas do siglo XXI. O máis importante deste fantástico traballo do grupo de Manuel Serrano do CNIO presentase na revista «Cell Metabolism».

O descubrimento reforza unha hipótese que cada vez colle máis forza: o cáncer, o envellecemento e a obesidade son manifestacións distintas dun mesmo problema global que vai crecendo, a medida que o organismo acumula nos seus texidos danos que de por sí solo non pode reparar.

Con moitos dos grandes descubrimentos científicos, o descubrimento foi inesperado. O grupo do CNIO estudiaba algúns destes xenes con capacidade protectora fronte ó cáncer e o seu papel na lonxevidade. Os investigadores querían saber se un deses xenes «anticáncer» (gen Pten) conseguía que os seus portadores viviran máis. A respuesta foi positiva, así que crearon ratóns diseñados xenéticamente para ter una copia extra do xen protector.

Os animais non solo foron máis resistentes o cáncer co resto senón que ademáis viviron un 12% máis de media. Se trasladásemos este dato a anos de vida humana, poderíamos falar de entre 10 e 12 anos máis de vida. Así demostrouse o impacto que tiña Pten na lonxevidade, aínda que a maior sorpresa foi descubrir que eses ratóns lonxevos e protexidos frente o cáncer eran significativamente máis delgados pese a comer máis que seus compañeros. Tamén descubriron que tiñan menos risco de desarrollar diabetes e o seu fígado toleraba mellor unha dieta rica en graxa, en definitiva non sufrían as doenzas do sobrepeso e a obesidade.

Potenciar a graxa «Boa»

O quebracabezas completouse cando explicaron por qué eses ratóns queimaban máis enerxía co resto. O estudo dos animais mostrou que tiñan unha proporción maior de graxa parda ou marrón, un texido graso «bo» que queima a enerxía almacenada. O metabolismo de humanos e de todos os mamíferos sustentase nun difícil equilibrio entre o texido adiposo branco, que almacena a graxa, e o pardo, que a elimina. O estudo demostra que o xen Pten activa esta graxa parda o que explicaría a delgadez dos ratóns, a pesar de seu apetito.

Non é a primeira vez que se demostra o papel desta graxa benieficiosa. Moitas das organizacóns de nutrición quererían potenciala, pero o grupo CNIO ofrece por primera vez un camiño para conseguilo sen efectos secundarios.

Este texido está deseñado precisamente para queimar graxas e solo ponse en marcha cando o cerebro detecta o estrés producido polo exceso de nutrintes. É entonces cando envía a orden a las células de la graxa.

Composto xa sintetizado

A estimulación deste xen non é solo una alternativa teórica. O CNIO probou nos animais do laboratorio un composto, sintetizado por este grupo de investigación, que exerce o mesmo efecto beneficioso que o xen anticanceríxeno. Este composto, patentado polo centro, podría ser esa pilula «milagro» ca que dentro duns anos podríase previr a aparición do cáncer e vivir máis tempo sen riesco de obesidade e das doenzas que acompañan o sobrepeso.

En conclusión:

A boa noticia é que no estudo non se detectaron efectos secundarios do tratamento, polo menos a corto prazo. A administración da terapia efectuose durante un período curto e agora estase probando un efecto a longo prazo.


Fontes de informacion: Abc ciencia, xornal do dia 6 de marzo de 2012, imaxe descargada de google imaxes.

Realizador: José Calvo Ayuso do curso 1º de bacharelato D. número 6.