jueves, 23 de febrero de 2012

Dous posibles erros cuestionan o experimento dos neutrinos.

Ao final, parece que Einstein tiña razón: os neutrinos probablemente non sexan máis rápidos ca luz. O laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) recoñeceu nun comunicado que se identificaron dous posibles fallos.
O primeiro posible erro puido deberse a unha conexión defectuosa no cable de fibra óptica que conecta o reloxo central do experimento co GPS. O segundo posible erro puido ser un fallo na frecuencia do oscilador do cronómetro interno do experimento.
O CERN explica que estes fallos poderían haber producido efectos opostos.
Antes de coñecerse esta equivocación, estaba previsto repetir os experimentos no mes de maio, pero o voceiro do CERN, James Gillen considera que estes experimentos se continuarán unha vez emendados os erros.
Enlace: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/23/ciencia/1329985199.html
Lucía Sánchez Corral 1ºD nº 30.