sábado, 24 de diciembre de 2011

O LHC descobre a súa primeira párticula subatómica

O LHC o acelerador de partículas máis grande do mundo, que se atopa en Xenebra, anuncia o achado dunha partícula subatómica a Chi-b(3P). Trátase dun bosón composto por dous quarks, un de materia e outro de antimateria, é dicir, idénticos pero con carga oposta. Esta partícula só sobrevive durante un instante (unhas mil billóns de veces menos que un segundo) tempo suficiente para ser detectada e estudada polos científicos do ATLAS (un dos colisionadores do LHC). Este descobrimento considérase o aperitivo ao que en realidade se busca neste acelerador: o bosón de Higgs, partícula que explicaría a orixe da masa da materia que compón os átomos.

A existencia tanto do bosón de Higgs como de Chi-b(3P) fora predita polos físicos teóricos pero, como todo traballo científico, a súa existencia ten que ser comprobada. Para elo no LHC fan chocar protóns a case a velocidade da luz nun tubo ao baleiro de 27quilómetros a uns 100 m de profundidade. Os protones están feitos de quarks que, ao chocar, poden producir partículas nunca antes observadas.



Para algúns científicos como Juan García-Bellido, físico teórico da Universidade Autónoma de Madrid, o achado de Chi-b(3P) non supón un descubrimento importante xa que corresponde a un estado "excitado" da mesma partícula que outro acelerador, o Tevatron de EEUU, descubrira en 1975.
O ano definitivo para o LHC será o 2012, ano no que se espera o anuncio do achado da desexada partícula de Higgs




Fontes: http://www.publico.es/ciencias/413620/el-lhc-descubre-su-primera-particula
Wendy Danniela Martínez Martín 1º Bach. E