viernes, 7 de octubre de 2011

Unha nave europea acercarase ao máximo ao Sol

A Axencia Espacial Europea (ESA) realizará unha misión para investigar a materia oscura en 2019 e outra dedicada ao Sol no 2017 que terá final no 2028


Según explicou a axencia, 'Solar Orbiter' acercarase ao Sol máis ca nunca. O lanzamento será desde Cabo Cañaveral cun foguete Atlas (empregado para o envío de satélites e sondas espaciais) da NASA. A súa función será colaborar na comprensión de cómo o astro rei repercute na Terra, e tamén precisar cómo se xenera e expulsa o vento solar (corrente de partículas e gases cargados con enerxía que flúen desde o Sol a velocidades de centos de km/s). A outra misión denominada 'Euclid' está diseñada para explorar a parte escura do Universo. Trátase dun telescopio espacial que axudará a investigar a natureza da misteriosa enerxía escura observándoa con moita precisión e detectando obxectos con 10.000 millóns de anos luz de distancia. Esto permitirá estudar a expansión e a formación de estructuras do Universo durante as últimas tres cuartas partes da súa historia.



Fontes:


http://www.abc.es/20111005/ciencia/abci-nave-europea-acercara-maximo-201110051025.html

Cecilia Moretón Rodríguez, 1º BACHARELATO - D


Tema 1 A orixe do Universo




Recórdovos que debedes visitar o blog cmc2011-2012. Nel atoparedes toda a información do tema que estamos traballando en clase. Paréceme que pode ser do voso interese e un bo complemento ver os vídeos ao ritmo que desexe cada un.

Carmen Cid Manzano