domingo, 22 de mayo de 2011

Curiosa metáfora!

Na web dos centros para o control e prevención de enfermidades (CDC según as súas siglas en inglés) un pode atopar información sobre como actuar ante calquera ameaza para a saude: unha epidemia, unha intoxicación masiva, a aparición dun novo virus... ou incluso un ataque zombie! Seguindo os consellos que o especialista Ali Khan acaba de publicar nun dos blogs que alberga o sitio web, "cualquiera puede sobrevivir en un mundo colonizado por los muertos vivientes". Con moito sentido do humor, o médico explica os seus lectores como actuar ante tal catástrofe, que reservas de comida e auga necesitarian e o por que ter na casa un kit básico de primeiros auxilios pode resultar clave! En realidade, o galeno só pretendía chamar a atención do público sobre a necesidade de prepararse adecuadamente para emerxencias como furacáns ou tornados, dúas ameazas que son similares a un ataque zombie.




http://www.elmundo.es/elmundosalud/2011/05/20/noticias/1305889212.html



Liliana Villar Whyte 1º Bach A

Un anaco de Marte a cambio dunha frase


“Este é un pequeno paso para un home, pero un gran salto para a humanidade". A mítica frase foi pronunciada por Neil Armstrong cando se converteu no primeiro ser humano que pisou a Lúa. Desde entón e ata o día de hoxe é unha das frases máis soadas da historia.
Agora, a revista 'New Scientist' convocou un concurso a través da súa páxina web no que anima a enviar a frase que, na súa opinión, debería ser pronunciada pola primeira persoa que pise Marte. Como recompensa, ofrecen unha rocha do planeta vermello comprada a Luc Labenne. Crese que provén dun meteorito que se estrelou no deserto de Alxeria. O meteorito foi bautizado NWA 2975( North West Africa ).
As probas de autenticidade revelan que o meteorito é único, polo seu lugar de orixe e polo seu elevado prezo. Unha mostra de tan só 102 gramos está á venda por 100.000 dólares. A rocha de recompensa que ofrece a publicación pesa aproximadamente 1.7 gramos.
Para máis información:
http://www.elmundo.es/elmundo/2011/05/20/ciencia/1305912958.html

Feito por : Yurema Seara Núñez 1ºB

Outro 11M que causa estragos.

O terremoto de Xapón de 9 graos Richter que asolou as costas desde país o once de marzo causou máis estragos do que se pensaba. Recentemente a revista Science publicou un estudo no que se dicía que preto de vinte metros de ancho do fondo mariño foron elevados nada máis que 3 metros!!!!

Xunto os estudos da Universidade de Tokio, as medicións de GPS e os rexistros de ondas acústicas, Science confirmou que un gran fragmento de terreo (aproximadamente de 70 km, segundo os escritores do artigo) desplazouse horizontalmente entre 5 e 24 metros e verticalmente entre 80 cm e 3 metros. Sendo a zona máis príxima ao epicentro a que sufriu o maior movemento, sendo este tipo o que soe causar os tsunamis.

No periodico dixital o mundo, non mencionan as consecuencias que pode ter este desplazamento do fondo mariño e como nos afectaran... E eu pregúntome.... Por que non din nada ao respecto? Intenta encubrilo ou é que non haberá de que preocuparse?

Coral Real Llamas.
1º Bacharelato B.





Grimsvötn faise notar!

Un ano máis tarde que o volcán Islandés Eyjafjalla paralizara durante semanas os ceos europeos, un volcán veciño amenaza con facer o mesmo. As cinzas do Grimsvötn, un dos máis activos de Islandia, é moi pronto para determinar onde acabarán, o mapa para esta media noite mostra unha tendencia expansiva cara ao sur, segundo os datos da oficiña Meteorolóxica Británica. Eurocontrol, que centraliza en Bruselas a información para os controladores da UE. Os expertos aseguran que a erupción no durará tantos días como a de Eyjafjalla, que provocou o peche duas semanas enteiras da maior parte do espacio aéreo europeo e causou problemas durante case un mes.

A última vez que o volcan Grimsvötn entrou en erupción foi en 2004.



Liliana Villar Whyte 1º Bach A

Blog informativo sobre a espedicion MALASPINA




Como xa todos sabemos, fai xa medio ano que máis de 400 persoas entre estudantes e investigadores, embarcan na expedicion MALASPINA prerados co obxectivo de percorrer 42000 millas náuticas nas que recollerán unhas 70.000 mostras de aire, auga e plancton.


Como é o día a día dun investigador da citada expedición? No blog "Diario de abordo" os distintos investigadores intentan achegarnos, dende as cousas máis sinxelas ata os descubrimentos máis complexos. Información que Carlos Duarte, Coordinador do Proxecto 'Malaspina 2010' e oceanógrafo do CSIC, ampliarola na súa bitácora "Dende o océano".

invítovos compañeiros/as a visitar o devandito blog onde cada cientifico aporta informacion.


Pareceume moi interesante e a vez moi ameno :


http://www.antena3.com/especiales/noticias/malaspina-2010/


por : Antia Arias Garcia 1ºB