sábado, 19 de febrero de 2011

A máis forte explosión solar

Na noite de San Valentín o sol lanzou unha chamarada de 900 quilómetros por segundo é un síntoma de cambio do ciclo de actividade solar. Cada 11 anos ou máis, a estrela comeza un período no que a actividade magnética se intensifica. A erupción na madrugada do 14 ao 15 de febreiro, que foi acompañado por outros de menor escala, é o maior en catro anos. A NASA advertiu de que a nube de partículas expulsadas polo Sol "parece ser bastante debil e non é esperado producir efectos significativos sobre a Terra. Mentres que as tormentas solares son comúns, a violencia da erupción do tipo X, o máis forte da escala utilizada para medir. A preocupación máis grande era que perturbara as telecomunicacións ou cambiar o funcionamento dun satélite. Seus efectos so se observaros en transmisións de radio ao sur da China.

Para mais información:
http://www.publico.es/ciencias/361984/la-llamarada-solar-mas-fuerte-en-cuatro-anos



Feito por Érika López Carballo 1ºA

Dez anos da publicación do xenoma humano

O 15 e 16 de febreiro cumpríronse dez anos da publicación nas revistas Nature e Science da secuenciación do xenoma humano.



O segundo problema das células iPS.

Vólvense a atopar problemas nas células nais iPS, células pluripotenciais inducidas a partir da pel o do pelo. O estudo publicado en Nature expón que este material xenético substituto das células nai embrionarias conservaban células activas non correspondentes ó estado embrionario, é como se tiveran unha especie de “memoria”, polo que non o fan células nai similares ás células nais embrionarias.

Máis tarde en Cells death and differentation, publicaron outro contratempo con este tipo de células nai, este material biolóxico obtido ten máis tendencia a desenvolver tumores nun futuro o que limitaría o seu uso.


Por iso de momento teñen que seguir investigando con embrións, ás únicas células nais pluripotentes , que de maneira natural están predestinadas para diferenciarse en máis de 300 tipos de tecidos diferentes presentes no noso corpo humano.



Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A